
A Boa Morte
O programa UNHA BOA MORTE PARA TOD@S ten como obxectivo servir de apoio ás persoas que se atopan coa etapa final da vida. Trátase de engadir calidade e, na medida do posible, alivio, no proceso de morte da persoa que se vai, e no de dó daquelas que quedan.
Para alcanzar este obxectivo desenvolvemos un programa que nas súas tres áreas contribúa a protexer a autonomía persoal nun futuro, pero certo, final da vida.
INFORMACION, ORIENTACION E ASESORAMENTO
Para toda a cidadanía interesada en recibir información, orientación e asesoramento en temas relacionados co proceso de morte.
FORMACION
Para profesionales sanitarios, coidadores e todas aquelas persoas interesadas en formarse sobre temas relacionados co proceso de morte.
ASISTENCIAL
Acompañamento a todas as persoas que o soliciten, en proceso ou con perspectivas de morte, no domicilio ou no hospital. Servizo de apoio no cumprimento de últimas vontades e soños para persoas no proceso final da vida.