A Boa Morte

http://fundacioneomaia.org/aboamorteVIVINDO UNHA BOA MORTE

QUE É O PROXECTO “A Boa Morte”
 
A Boa Morte é un proxecto constituido no ano 2015 para dar resposta a sensibilización sobre o proceso de morrer e a realidade da mala calidade da morte no noso pais.
Enmárcase xuridicamente no seo da Fundación Eomaia, de Vigo, que xa nos seus inicios (alá por 2009) contemplaba nos seus Estatutos fundacionais os obxectivos que hoxe fan parte do proxecto A Boa Morte.
A Boa Morte traballa para normalizar o proceso e afrontamento da morte, abrindo o debate cidadán e fomentando así o cambio social que posibilite unha morte de calidade e o dereito a decidir sobre os aspectos da nosa morte. Prestamos especial atención ao entorno familiar e social máis achegado pola transcendencia e importancia que ten na persoa que afronta o proceso terminal e para o propio entorno que afronta a perda dun ser querido.
O primeiro paso de A Boa Morte foi a formación completa da Fundación Vivir un Buén Morir (VBM). (Máis información sobre dita formación pincha aquí).
Conferencia de Tomás Rábanos

Conferencia de Tomás Rábanos

Co tema de “O fogar do meu burro, unha experiencia para contar”, dará Tomás Rábanos, vicepresidente de Eomaia e creador do proxecto Terapias asistidas con animais, unha charla no local de Rúa Fontiñas, 37, en Santiago de Compostela. Será ás 18:30, o xoves... leer más
Curso de CESTERÍA

Curso de CESTERÍA

Curso de cestería en vimbio. A cesta con pau. Coas varas que a pranta de vimbio nos ofrece, os paus das árbores que fermosas medran e a sabedoría tradicional, vernácula, que nos nosos xenes aínda reside, “compoñeremos” estas fermosas cestas que as nosas... leer más
Novo posto de Eomaia

Novo posto de Eomaia

Agora, Eomaia está presente cun posto no mercado Entre Lusco e Fusco, que se celebra no parque de Belvís de Santiago todos os martes. O noso posto fornecerá información sobre as actividades da Fundación e o seu... leer más
Share This