PROGRAMA “UNHA BOA MORTE PARA TOD@S”

 

“UNHA BOA MORTE PARA TOD@S” formou parte dende o principio da creacción da fundación, non tiña o nome nen chegara ainda a madurez que hoxe o caracteriza, pero si que era un pilar importante para o sentido da Fundación Eomaia. Foi necesario camiñar en pasos previos nos que a colaboración de outras entidades axudáronnos a darlle forma e consistencia. O primeiro ano en que o proxecto apareceu nos plans de actuación da entidade foi en 2014 que presentamos a previsión para o ano 2015. E a partir de ahi fomos sumando para o que hoxe é.

O programa foi deseñado e está actualmente dirixido por Raquel Freiría Mato.

Unha Boa Morte para Tod@s é un programa planeado para acompañar un debate sobre a morte que pretende axudar ás persoas (e aos profesionais que as asisten) a conseguir un bo final de vida, con todas as garantías e conforme aos nosos propios valores.

Ao mesmo tempo, abordar coas ferramentas axeitadas o debate sobre a morte que desexariamos e liberar este silencio que xera tanta confusión e sufrimento para quen a vive e quen a acompaña.

Con este programa, pretendemos tamén promover a reflexión sobre a morte como unha ferramenta que nos sirva a todas as persoas, tanto aquelas que se atopan preto dela por idade ou enfermidade, como por todas as demais que acompañamos e verémonos, nun longo ou curto periodo, ás súas portas.

O noso obxectivo é crear unha corrente que sosteña a boa morte como unha opción posible para todos/as e que abranga ao individuo e a súa contorna.

O proxecto esta desarrollado por un equipo de persoas que dan calidade e solvencia ao proxecto:

Raquel Freiría Mato. Directora de proxecto. Raquel é especialista en Economía Social e xerente de empresas. Xerente actual do proxecto empresarial Paradoxa Humana. Membro da Xunta Directiva da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia dende o ano 2014. Realizou a formación completa da Fundación Vivir un Buen Morir no ano 2015. Confeccionou un modelo de Documento de Instruccións Previas propio para a Fundación Eomaia que foi supervisado e autorizado polo REGAIP. Tamén é a encargada da sección de información e asesoramento e realizará todo o seu traballo dendo o local administrativo en Santiago de Compostela.

Lucía González Vicente. Presidenta e fundadora de Eomaia. Encargarase da difusión do proxecto e a continuidade do mesmo pola sua implicación na Fundación Eomaia. É a responsable do servizo de acompañamento e do asesoramento personalizado no referente ao dó.

Estefanía Lago Gorgoso. Graduada social. Recién licenciada, comeza a súa vida profesional co programa “A boa morte”

Jaime Campos Coello. Administrativo contable. Experiencia na xestión administrativa de fundacións e entidades prestadoras de Servizos sociais.

Santiago Piñán Oujo Especialista en comunicación, relacións públicas e Community Manager. Santiago é o responsable da xestión dixital e do desenvolvemento da xestión e desenvolvemento online do proxecto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This