Área de información, orientación e asesoramento

Área de Información, orientación e asesoramento
Ofrécelle á poboación información sobre as ferramentas coas que conta, facendo uso dos seus dereitos e aclarando conceptos que poidan servir para que se cumpra a vontade de como quere vivir o seu proceso de morte.
A información abrangue tamén á contorna familiar e achegados no tempo previo e posterior á morte.
Ésta área está indicada para que a poboación poida ter acceso a esta información en calquera momento da súa vida, a calquera idade na que apareza a necesidade de reflexionar sobre un tema común e que nos atinxe a todas/os.

Temática xeral:

-Dereitos sanitarios en xeral e en concreto aqueles que teñan que ver con procesos achegados á morte.

.Coidados paliativos.

.Documento de Instrucións Previas (DIP)

-Fases do proceso que toda persoa atravesa cando sobrevén un acontecemento como a morte. Explicación e detención.

-Recursos dispoñibles para afrontar e paliar o dó.  

Este servizo ofrécese en:

O local da Fundación Eomaia en Santiago de Compostela, Rúa Fontiñas nº27 baixo. Cunha atención persoal e individualizada. É necesario pedir cita prévia no teléfono 881 973068 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 e en caso de urxencias no teléfono móbil 658799470.

De xeito presencial, acordando o desprazamento ao domicilio ou lugar onde se atope a persoa interesada.

A través de atención telefónica no 881 973068 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 e en caso de urxencias no teléfono móbil 658799470.

A través de internet no correo da fundación eomaia@paradoxahumana.org

Edición de folletos informativos.

CAMPAMENTOS DE VERÁN

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Na primeira quincena do mes de xullo,  en o Fogar do Meu Burro organizamos actividades para nenas/os de 4 a 16 anos. De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Todas as actividades son inclusivas para persoas con diversidade funcional e necesidades especiais. Durante o... leer más
Faladoiro sobre o D.I.P.

Faladoiro sobre o D.I.P.

No C.S.A. CAMBALLOTA, de Allariz (Camiño do Castelo, 10) está convocado un faladoiro sobre o Documento de Instrucións Previas, ou Testamento Vital. A conferencia-debate será o mércores 9 de maio ás 8 da tarde. Podes atopar máis información sobre o tema na páxina web... leer más
Xornada de portas abertas en O Fogar do Meu Burro

Xornada de portas abertas en O Fogar do Meu Burro

O Fogar do Meu Burro abre o seu espazo de actividades ao público celebrando unha Xornada de portas abertas o vindeiro 5 de maio, en horarios de mañá (de 11:30 a 12:30) e de tarde (de 18:00 a 20:00 h). As reservas previas pódense facer nos teléfonos 658799470 ou... leer más
Share This