
ABM Área de información, orientación e asesoramento
Ofrécelle á poboación información sobre as ferramentas coas que conta, facendo uso dos seus dereitos e aclarando conceptos que poidan servir para que se cumpra a vontade de como quere vivir o seu proceso de morte.
A información abrangue tamén á contorna familiar e achegados no tempo previo e posterior á morte.
Ésta área está indicada para que a poboación poida ter acceso a esta información en calquera momento da súa vida, a calquera idade na que apareza a necesidade de reflexionar sobre un tema común e que nos atinxe a todas/os.
Temática xeral:
-Dereitos sanitarios en xeral e en concreto aqueles que teñan que ver con procesos achegados á morte.
-Coidados paliativos.
-Documento de Instrucións Previas (DIP)
-Fases do proceso que toda persoa atravesa cando sobrevén un acontecemento como a morte. Explicación e detención.
-Recursos dispoñibles para afrontar e paliar o dó.
Este servizo ofrécese en:
Cunha atención persoal e individualizada.
De xeito presencial, acordando o desprazamento ao domicilio ou lugar onde se atope a persoa interesada. É necesario pedir cita prévia no teléfono móbil 658 79 94 70.
A través de atención telefónica e en caso de urxencias no teléfono móbil 658799470.
A través de internet no correo da fundación fundacioneomaia@gmail.com