campamento 2016
No “Fogar do meu Burro” ofrecemos un campamento de verán no mes de xullo. Será na primeira quinceno do dito mes, do 4 ao 15, e na segunda do 18 ao 29.  Ofrecemos actividades de pintura, creacións en papel e barro, obradoiros de maquillaxe, cociña, música, danza…, e as relacionadas coa vida dos nosos amigos, os burros, cos que as nenas e nenos poderán tamén pasear en carro. O lugar de Lamas, onde se realizará o campamento, está a 11 quilómetros de Santiago de Compostela. Os horarios serán de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres, e o prezo de 120€ (preinscrición 50€,  na conta de Eomaia en La Caixa: ES80 2100 4793 810200040245, con data límite do 10 de xuño). Os nenos que por mor do horario dos pais, teñan que quedar, poderán facelo ata as 16:00 horas se traen o seu propio xantar.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This