CAMPAMENTOS DE VERÁN

Na primeira quincena do mes de xullo,  en o Fogar do Meu Burro organizamos actividades para nenas/os de 4 a 16 anos. De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

Todas as actividades son inclusivas para persoas con diversidade funcional e necesidades especiais.

Durante o campamento, as crianzas poderán coidar, alimentar e pasear cos burros, cociñar, tocar música, construír instrumentos musicais, descansar na natureza, bañarse no río e experimentar coa arte: pintura, barro, collage con elementos da contorna…

Dúas semanas: 130€

Unha semana: 80€

Días soltos: 20€

a ingresar na conta de La Caixa nº ES80 2100 4793 810200040245

Os irmáns terán un desconto do 10%

Prazo de inscrición a partir do 15 de maio e ata o 30 de xuño en fundacioneomaia@gmail.com ou nos teléfonos: 658799470, 690037673

Share This