Conferencia DIP

O vindeiro día 11 de novembro, dende a Fundación Eomaia, organizamos unha conferencia relacionada novamente coa Boa Morte. Será ás 17:30 na sá de conferencias da biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, Raquel Freiría daranos toda a información necesaria para elaborar un Documento de Instrucións Previas (DIP), de xeito que as vontades ao final da vida teñan a posibilidade de ser redactadas con plena conciencia e facilitar así o cumprimento da vontade da persoa que o solicita.
Share This