Conferencia de Tomás Rábanos

Co tema de “O fogar do meu burro, unha experiencia para contar”, dará Tomás Rábanos, vicepresidente de Eomaia e creador do proxecto Terapias asistidas con animais, unha charla no local de Rúa Fontiñas, 37, en Santiago de Compostela. Será ás 18:30, o xoves 28 de setembro. Como podedes ver noutras pestanas desta mesma páxina, Tomás posúe unha ampla experiencia neste eido das terapias, que vén pondo en práctica con resultados moi positivos dende hai varios anos, ademais de poder gabarse de dominar outros campos que utiliza como complementarios cando a situación o require.

Share This