Cristina García, Psicóloga

 

Cristina García Núñez.

Achegas de min:

Formación en Salud Mental Perinatal. Psicología del embarazo, parto, nacimiento y

puerperio.

TERRA MATER.

Máster en Igualdad y Género en el ámbito Público y Privado. (2ª Edición). 2009-2011.

Especialidad de Intervención con mujeres víctimas de violencia de género y riesgo de

exclusión social.

Universidad de san Jaume I Castellón.

CAP 2007 (Curso de capacitación pedagóxica)

Universidade de Vigo.

Máster de Terapia Sistémica.2003-2005 (Terapeuta familiar acreditada por la ATFG)

Universidad Pontificia de Salamanca.

Licenciada en Psicología.1998-2003.

Universidade de Santiago de Compostela. G-3445.

Cheguei o mundo da psicoloxía pola miña curiosidade polas persoas, polo seu mundo emocional, relacional e existencial. Pola fascinación polas historias vitais que cada unha de nós vai tecendo nos encontros cós demáis e co seu entorno, e como esas experiencias e narrativas nos forman, nos sosteñen e nos transforman.
A palabra psico (psikhé), que significa espíritu, alma ou ser. A palabra terapia (therapeia) que significa asistente, curación ou aquel que coida do outro.
Por tanto, psicoterapia significa coidar ou asistir o espíritu, o corazón ou o ser de outra persoa.
Son psicoterapeuta, traballo dende hai 10 anos na práctica privada cun enfoque principalmente sistémico, en Terapia Breve centrada nas solucións.
A Terapia Breve é dinámica e flexible, identificanse os problemas ou dificultades e a gama de posibles solucions, de igual forma analizanse os intentos de solución pasados, para fixar metas e alcances no tratamento e diseñar as intervencions adecuadas a cada caso. Isto fai do proceso de terapia un esquema totalmente interactivo en onde se complementan as duas partes expertas: a experta en técnicas de Terapia Breve (a terapeuta) e a experto na súa problemática (a cliente).
Posteriormente o meu camiño profesional levoume a achegarme as terapias feministas e a necesidade de introducir a perspectiva de xénero no traballo terapéutico coas familias, as parellas e as crianzas.
Na actualidade son nai de dous nenos e a maternidade achegoume o mundo da psicoloxía perinatal, e a necesidade de incorporar o sostén e o traballo emocional neste tempo de apertura onde a alma se ensancha e se inicia a pasaxe a outra dimensión dos afectos, a unha nova estructura da identidade e a outra etapa do ciclo vital.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This