DIP (Documento de Instrucións Previas)

O documento de instrucións previas  (DIP), é o texto documental no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos médicos ou de saúde que desexa recibir (ou non recibir) ante posibles situacións futuras, co fin de que esta vontade sexa respectada e cumprida se chegase o momento en que o suxeito non fose quen de expresala por si mesmo.

Eomaia ten editado un modelo de DIP, aprobado pola REGAP, do que pode facer uso calquera persoa.

Neste modelo ante testemuñas podes acceder e descargar o modelo do Documento de Instruccións Previas para facer con testemuñas; se o modelo que se precisa é pra facer con funcionarios, descarga  o modelo ante funcionaria.

Se precisas máis información ou asesoramiento para confeccionar o teu Documento de Instrucción Previas, ponte en contacto con nós: http://fundacioneomaia.org/contacta

Seminario Morte Perinatal

Seminario Morte Perinatal

Jillian Cassidy, cofundadora e presidenta da Fundación Umamanita e coautora da “Guía para la atención a la muerte perinatal y neonatal”,  impartirá un seminario sobre o tema deste título, o 21 de novembro vindeiro entre as 10 da mañá e as 20 horas a través... leer más
Seminario sobre Documento de Instrucións Previas (DIP)

Seminario sobre Documento de Instrucións Previas (DIP)

O 18 de outubro de 2017, Raquel Freiría Mato impartirá un seminario sobre o DIP. Será en rúa Fontiñas, 27, en Santiago de Compostela. A data límite de inscrición, a través dos tfnos. 698 173 740, 881 973 068 ou ben no correo-e fundacioneomaia@gmail.com,  é o 16 de... leer más
Acompañamento na morte

Acompañamento na morte

Xornadas de reflexión e experiencia sobre a morte  e o acompañamento, o 18 de outubro de 17:30 a 19:30, e o 21  de novembro de 10 a 20 horas (xornada dun día completo), no local de Rúa Fontiñas , 27, en Santiago de Compostela. Na primeira data, sobre o Documento de... leer más
Share This