Documental SOS Nacementos

Con motivo do 18º Día Mundial dos Dereitos do Nacemento, o vindeiro 18 de maio, ás 18 h, proxectarase o documental de SOS Nacementos “La voz de los bebés”, e de seguido abrirase un debate. Será en r/ Fontiñas, 27, Santiago de Compostela, organizado por Eomaia e conducido por Lucía Titán. A reserva de prazas pódese facer chamando ao 698173740 ou a través do correo-e fundacioneomaia@gmail.com. No proceso de nacemento, case todo o mundo esquece a vivencia do bebé. Coa atención posta na nai, a súa experiencia ignórase nun dos actos máis importantes, impactantes e influíntes da súa vida. A Plataforma pro dereitos do Nacemento fai unha declaración sobre prácticas dañinas no nacemento que ninguén debería pasar por alto neste Día Mundial dos Dereitos do Nacemento, e pide adhesión a través de pdn@pangea.org.

Share This