Masaxe Infantil

Os xoves do mes de Maio, de 11:00 a 13:00 horas, en “Xuncos” espazo de medranza, Camiño das Ribas, nº 35, Matamá-Vigo. Impartido por Lucía Titán, da Fundación Eomaia. Tfnos 698173740, 986654067.

A masaxe infantil invita á comunicación entre pais-nais e fillos/as. A pel, o órgano mais grande do corpo, ofrécenos un mundo ilimitado de sensacións que mais dunha vez serán portadoras de valiosas mensaxes.

Os bebés, aínda que non poidan expresalo con palabras, tamén se senten cansados, solos o nerviosos. Neses momentos, o simple contacto das nosas mans transmitiralles apoio e atención. Un bo día, sorprenderannos cando nos pidan coas súas propias palabras unha masaxe e nós saberemos que esa é unha maneira de dicirnos que queren sentirnos cerca.

Share This