A sociedade actual na que a muller está integrada no mercado laboral e non ten que adicarse exclusivamente ao coidado dos/as cativos/as e da casa, demanda unha serie de necesidades como é a do autocoñecemento, relacionarse coas outras persoas e coñecer as aficións ou intereses que na súa idade “fértil” non puido coñecer debido ás responsabilidades que recaían sobre elas.

O obxetivo deste proxecto é ocupar ese tempo de lecer das mulleres dun xeito dinámico, lúdico e transformador. A través de dinámicas grupais sobre autoestima, habilidades sociais, xénero e psicoloxía positiva, preténdese conseguir un maior benestar fisico, psicolóxico e social. A soidade, a baixa autoestima e o sentimento do “niño baleiro” son
circunstancias para transformar un momento vital que nun principio pode ser negativo en positivo, aproveitando ese tempo libre que teñen e tentando coñecerse máis a sí mesmas e desfrutalo.

Saír da casa, relacionarse con outras mulleres, ocupar a mente, mover o corpo, debatir, escribir, etc. Son camiños que percorrer dende unha perspectiva de xénero transversal para alcanzar así, un maior grao de autonomía sobre sí mesmas e por conseguinte, unha maior calidade de vida.

Dirixido a mulleres maiores de 45 anos que queiran coñecerse e ter un espazo para sí mesmas.

 

Share This