Obxectivos e actividades

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS

Normalizar o debate cidadán sobre a morte e romper o tabú cultural que a envolve.

Velar pola autonomía persoal na etapa final das nosas vidas, mediando entre os pacientes e as autoridades sanitarias ou entorno do doente para que tod@s as persoas poidan acceder a unha morte digna ou de calidade, na que se respeten as sensibilidades particulares e as decisións sobre os aspectos que atinxen a morte de cada quen.

Comprender o proceso da morte e do final da vida e sensibilizar á poboación sobre a importancia da reflexión sobre os mesmos. Proporcionar información e acompañamento para acadar a realización do que para cada un de nos suporia vivir unha boa morte

.Comprender e xestionar o dó, antes, durante e despois, axudando ás persoas implicadas e ao seu entorno a pasar o proceso de xeito equilibrado e sano.

AS SÚAS ACTIVIDADES E SERVIZOS
  1. Servizo de información e asesoramento á cidadanía sobre os dereitos e recursos do paciente terminal. Especialmente Documento de Instrucións Previas (DIP); Lexislación sobre dereitos sanitarios; e servizo de Coidados paliativos.
  2. Atención persoalizada e acompañamento. Información, asesoramento e, no seu caso, acompañamento para aquelas persoas e familias que están a atravesar un proceso de enfrontamento á morte.

Con este servizo, ANAM pon a disposición das persoas e familias que o soliciten, os seguintes recursos:

Servizo de atención en casa e hospitais

Acompañamento emocional en procesos de morte e dó.Orientación e prevención nos procesos terminais, morte e dó.

Asesoría xurídica e acompañamento persoalizado para aqueles casos nos que xurda conflicto entre o paciente – familia ou entorno – profesionais sanitarios.

Realización de actividades culturais e divulgativas, como:

Grupos de debates e intercambio de experiencias sobre o tema da morte.

  • Formaciós e cursos sobre acompañamento a morte.
  • Conferencias, mesas redondas, encontros, etc relacionados coa morte, dereitos, atención sanitaria, dó, etc.

En xeral, calquera actividade que procure a sensibilización da poboación sobre a importancia da reflexión sobre a morte, os procesos do fin da vida e o que para cada un/unha de nos supón vivir unha boa morte.

Se queres recibir máis información sobre algunha das nosas actividades ou solicitar algún servizo, ponte en contancto con nós aquí
 
COMO SE PRESTAN OS SERVIZOS
A través dunha equipa multidisciplinar que responderá as preguntas e necesidades do sector da poboación que queira informarse e asesorarse sobre cales son os dereitos con respecto as leis actuais da comunidade galega, a preparación do DIP (Documento de Instrucións Prévias) ou beneficiarse dos diferentes servizos que prestamos.
Así contamos con varias enfermeiras, unha especialista en tanatoloxía, coidadoras e acompañantes, expertas en familia, activistas pola morte digna, asesoras e profesinais das artes escénicas e plásticas que nos axudarán a tratar este tema tan intenso dende unha prespectiva máis levadera e sanadora.
As consultas de información e asesoramento son de valde.
Os servicios están suxeitos a uns varemos de precios relacionados coa actividade a desenvolver.

 

Seminario Morte Perinatal

Seminario Morte Perinatal

Jillian Cassidy, cofundadora e presidenta da Fundación Umamanita e coautora da “Guía para la atención a la muerte perinatal y neonatal”,  impartirá un seminario sobre o tema deste título, o 21 de novembro vindeiro entre as 10 da mañá e as 20 horas a través... leer más
Seminario sobre Documento de Instrucións Previas (DIP)

Seminario sobre Documento de Instrucións Previas (DIP)

O 18 de outubro de 2017, Raquel Freiría Mato impartirá un seminario sobre o DIP. Será en rúa Fontiñas, 27, en Santiago de Compostela. A data límite de inscrición, a través dos tfnos. 698 173 740, 881 973 068 ou ben no correo-e fundacioneomaia@gmail.com,  é o 16 de... leer más
Acompañamento na morte

Acompañamento na morte

Xornadas de reflexión e experiencia sobre a morte  e o acompañamento, o 18 de outubro de 17:30 a 19:30, e o 21  de novembro de 10 a 20 horas (xornada dun día completo), no local de Rúa Fontiñas , 27, en Santiago de Compostela. Na primeira data, sobre o Documento de... leer más
Share This