A BOA MORTE – OBXECTIVOS

O programa “unha boa morte para todos” é un conxunto articulado de actividades que sirven de apoio ás persoas que se atopan na etapa final das súas vidas e ás súas familias, para engadir calidade e, na medida do posible, alivio, no proceso de morte e dó.

Así mesmo, o programa pretende achegar á cidadanía en xeral as ferramentas informativas, formativas e asistenciais que contribúan a manter e protexer a súa propia autonomía persoal nun futuro, pero certo, final da vida.

Obxectivos específicos

Garantir unha morte de calidade para todas as persoas, identificando e respectando o que cada un/unha considere como tal para si mesma. Ser receptivos/as ás necesidades que aparecen ante a presenza da morte e responder a ela con solucións personalizadas e eficaces para cada caso.

Aliviar os sufrimentos que poidan supoñer os procesos de morte e dó.

Axudar a comprender e integrar o proceso que se está a vivir.

Posibilitar a permanencia das persoas enfermas terminais ou con perspectiva de morte na súa contorna de convivencia habitual. Retardar ou evitar a institucionalización.

Garantir a autonomía das persoas na última etapa da vida.

Axudar ao entorno familiar a afrontar o proceso de morte dun membro da familia.

Aliviar ás persoas coidadoras de enfermos terminais

Normalizar o debate cidadán sobre a morte e crear grupos de autoaxuda, debate e compartición de experiencias.

Empoderar á cidadanía nos aspectos referentes ao tratamento da súa morte, como principal ferramenta para garantirlle a autonomía persoal na etapa final da súa vida.

Axudar a cumprir as últimas vontades con respecto a soños e desexos das persoas que afrontan o final da vida. Axudar a rematar as cousas pendentes da persoa que se vai e pechar círculos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This