Seminario sobre Documento de Instrucións Previas (DIP)

O 18 de outubro de 2017, Raquel Freiría Mato impartirá un seminario sobre o DIP. Será en rúa Fontiñas, 27, en Santiago de Compostela. A data límite de inscrición, a través dos tfnos. 698 173 740, 881 973 068 ou ben no correo-e fundacioneomaia@gmail.com,  é o 16 de outubro.

A morte déixanos sen ningunha ferramenta posible cando a súa proximidade é certa, por iso pensar a morte, e buscar o xeito de decidir cal é a morte que queremos vivir na propia carne e como será para as persoas que nos queren, necesita dunha ferramenta que garanta que a nosa vontade vai ser respectada.

O Documento de Instrucións Previas é unha boa maneira de clarexar e deixar por escrito e en coñecemento de parentes e achegados cales son os nosos desexos e peticións para cando xa non podamos expresalos. Para realizar este documento, precísase de información, posto que ten puntos nos que reflexionar e pararse a entender para tomar a decisión que máis teña que ver connosco.

Neste seminario, teremos a posibilidade de ver este documento de preto, descubrindo e descubríndonos a carón da morte, da nosa boa morte.

O coñecemento das vías para deixar constancia da nosa vontade despois da morte son descoñecidas na poboación galega, esta é unha das comunidades da península onde menos Documentos de Instrucións Previas se realizan, na maioría dos casos debido a unha falla de información xeneralizada en todos os eidos.

É preciso entender que o Documento de Instrucións Previas non é un papel máis a cubrir e asinar, senón que é o resultado dun proceso previo de planificación e deliberación tras obter unha información axeitada, reflexionar sobre ela e comunicar as súas preferencias e valores persoais aos seus seres queridos, aos profesionais sanitarios e, de ser o caso, ao representante sobre cal ou cales son as nosas necesidades e desexos para acompañar a morte, cando, en moitos casos, non temos posibilidades de expresalo.

Será un seminario de 4 horas nas que, da man de Raquel Freiría, teremos a posibilidade de desenvolver este programa:

17:00 – 17:30 Presentación da poñente, das persoas asistentes e da xornada

17:30 – 18:40  Posta en común sobre que é para cada quen o bo morrer. Actividade interactiva.

18:40 – 19:00 Descanso

19:00 – 21:00 Aspectos prácticos, realización conxunta dun DIP a través do modelo propio e axuda dun power point.

Share This