Seminario Morte Perinatal

Jillian Cassidy, cofundadora e presidenta da Fundación Umamanita e coautora da “Guía para la atención a la muerte perinatal y neonatal”,  impartirá un seminario sobre o tema deste título, o 21 de novembro vindeiro entre as 10 da mañá e as 20 horas a través dunha xornada intensiva teórica e práctica,  no local de rúa Fontiñas, 27, en Santiago de Compostela.

Acompañar á morte a través do Amor
Acompañar á morte pode ser un proceso moi gratificante e, ao mesmo tempo,  require moita dedicación e enerxía. Sentirse máis preparado para acompañar a unha familia na morte da súa bebé ou bebés é unha das claves para poder ofrecer uns coidados respectuosos e auténticos baseado nas boas prácticas.
A formación de Jillian pretende achegarnos á experiencia das familias nas cales o bebé morre antes de nacer, ou ao pouco tempo, e aos profesionais sanitarios na súa experiencia con estas familias. Durante a formación, falaremos sobre o dó no seu contexto social, de boas prácticas, da importancia da creación de recordos e que opcións existen para ofrecerlle ás familias.

Share This