PLAN DE ACTUACIÓN 2023

Antecedentes e descrición da entidade

O obxectivo social da Fundación Eomaia é a procura da calidade de vida, a igualdade de oportunidades no acceso ao benestar e á participación social, a total integración social de todos os colectivos, a conciliación familiar, o empoderamento da muller, o desenvolvemento persoal e a mellora da saúde.

Os seus valores fundamentais son: o respecto a todos os seres, o amor á vida, a sensibilidade, a colaboración, o apoio mutuo e a comunicación e entendemento entre as persoas.

En consoancia co artigo 25 da Declaración universal dos dereitos humanos, Eomaia defende e traballa para que toda persoa poida acceder a unha vida digna e adecuada que asegure, a ela e a súa familia, a saúde e o benestar.

  • Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2009/20.
  • Inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social co número E-6523 (RUEPSS) da Xunta de Galicia.
  • Inscrita como entidade no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia co nº O 644.

Novos programas no eido dos servizos sociais

Co fin de continuar a contribuír no ámbito dos servizos sociais, a Fundación apostou por dar un paso máis e colaborar cos poderes públicos na súa tarefa de “promoción das condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra, sexan reais e efectivas”; e de “remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural y social”, tal como versa o artigo 9.2 da Constitución Española.

Despois de ter solicitado, no ano 2016, a incorporación da Fundación ao Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), Eomaia recibe resposta favorable da Consellería de Política Social na que se lle comunica a incorporación ao dito Rexistro como entidade de iniciativa
social para a área de actuación de familia, con data 23 de xaneiro de 2017.

Así, artelláronse unha serie de obxectivos, accións e servizos dotados de orzamento e que contaron cos recursos humanos e materiais axeitados para levalos a cabo e procurar solucións ás necesidades sociais descritas. Puxéronse en práctica inversións para fomentar o compromiso das persoas coa súa contorna social, facéndose eco das necesidades e demandas para colaborar de maneira altruísta e proporcionar a información actualizada que permita accións coordinadas e eficaces con outras entidades e órganos de goberno.

Actuacións de formación, sensibilización e para fomentar a participación activa das persoas voluntarias.

Voluntariado ambiental como elemento dinamizador do medio rural, para adquirir experiencias, habilidades e competencias, ou mellorar as xa logradas.
Programas de sensibilización das persoas voluntarias en materia de atención e acompañamento a persoas maiores, onde podan formar parte de actividades como membros activos.

Programas dirixidos a impulsar a participación de colectivos que pola súa experiencia vital poden contribuír coa súa entrega ao beneficio doutros colectivos con necesidades sociais particulares, situacións de sufrimento por illamento, vellez, diversidade intelectual ou física, que provoca privación de dereitos e oportunidades.

Ofrecendo unha contorna natural para o desenvolvemento de actividades no eido da educación artística e non formal, que fomenten o crecemento persoal e grupal de forma integral, impulsando habilidades, competencias, aptitudes e actitudes nas persoas que favorecen a solidariedade e a
inclusión, e procuran o compromiso, a participación e a implicación social.

Neste vindeiro ano 2023, prevese a continuación dos programas que levamos anos realizando, así como novas iniciativas para enriquecer aínda máis a actividade e o servizo prestado.

Consulta os detalles

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *