Encontros de saúde física e emocional, para mulleres, (aberto ás parellas)

1º día. Presentación

Nome, situación familiar (rol: nai-pai, filla/o, irmá/irmán……)

¿Qué sabemos de nós?

Unha breve enquisa onde poderemos reflexionar sobre o espazo que ocupamos no ecosistema familiar.

Contacto coa respiración completa.

Exercicio de respiración para coller conciencia do espazo que abarca a toma e saída do aire, cales son as nosas posibilidades e cales as necesidades. A respiración é a única función metabólica que podemos dirixir, e onde é común queden reflexados hábitos que con atención, podemos, se queremos, modificar.

Pintura.

Por medio dun exercicio de pintura faremos fincapé no recoñecemento do espazo da pelve. Este exercicio ten o fin de axudar á muller a tomar contacto cunha característica únicamente feminina e que ten moita importancia na xestión e disfrute das emocións.

Osteopatía para sentir a respiración no chan pélvico.

Este exercicio se realizará entre duas persoas, forneceranos o xeito de relacionar un e outro espazo dentro do todo.

2º día. Para tódolos públicos

O corpo como un ecosistema.

Breve explicación sobre cal é o funcionamento do sistema hormonal feminino que nos caracteriza nos cambios físicos e emocionais.
Por medio de esquemas e entrega de apuntes, de xeito que cada muller teña claro claves imprescindibles para recoñecerse.

Aliñamento das cadeiras

Práctica na que se pode acadar conciencia das posibilidades do asentamento da cadeira e o contacto equilibrado dos pés co chan.
Pintura: azul e bermello.

Relaxación.

 3º día. A nosa impresión

Mural. Os límites

Elaboración de murais individuais onde reflexaremos un mapa emocional do noso estado actual. Ten como fin ofrecerlle á muller unha imaxe de si mesma, por medio da arte, que amablemente lle axude a autodefinirse.

Nutrición, física y afectiva. Somos o que comemos: a alimentación.

Trataremos o tema da nutrición tanto interna como externamente con intercambio de opinións, receitas, elaboración de emplastos e tisanas caseiras.

Así mesmo, entregarei material escrito.
• Baños, emplastos, tisanas.
• Alimentación: receitas.

4º día. A Liñaxe

Barro: Porta aberta ás ancestras.

Por medio do modelado, abriremos a porta a nosa liñaxe feminina e simbólicamente aliñarémola en dirección a nós.

O Eu e o non Eu.

Recoñecemento dalgunhas das plantas da nosa contorna, útiles para o noso benestar e como usalas.

5º día. Comunicación

A comunicación en dúas direccións.

Toque na man. Toque no pé.

Pintura:

a mazá, dende a vista e dende o sentir.

6º día. O río das emocións

o medo

a confianza

o poder

….o post-parto

7º día. Prácticas e peche

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This