A fundación
De onde vimos?
O noso nome, “Eomaia”, vén dun dos primeiros mamíferos placentarios que representan o tránsito entre a vida dos anfibios e a dos futuros mamíferos. Viviu hai 125 millóns de anos e o nome que lle deu o seu descubridor significa “nai do amencer”.
Eomaia constitúese como fundación en novembro do 2009 en resposta a unhas necesidades e demandas sociais, coa finalidade de desenvolver unha actividade humana e próxima, a través da creación de redes de colaboración e espazos de comunicación entre persoas.
As actividades, obradoiros e consultas que ofrecemos están dirixidas á saúde e o benestar integral das persoas e do conxunto da sociedade; sumando, na medida das nosas forzas, a aquilo no que cremos: a capacidade de cada persoa para mellorar na vida, na morte e en todas as súas manifestacións.
A través da Fundación Eomaia, establécense distintos focos de traballo relacionados coa atención persoal, o acompañamento e a mellora das nosas condicións de vida.
Camiñar nesa vía, entre a capacidade de nadar mergullados baixo a auga das cidades e a necesidade de chegar a un lugar sensible, ao aire libre, onde podamos expresar as nosas emocións. Actuar como a placenta que media entre a mamá e o bebé e fai posible que dúas naturezas diferentes convivan, sumando a favor do crecemento e a saúde. E chegando ao entendemento mutuo.
A onde imos?
O noso ámbito de actuación abrangue a comunidade de Galicia.
Dirixímonos a toda a familia, a familia entendida en toda a súa plenitude. A familia á que pertencemos todas/os, a familia coa que convivimos día a día na casa, no traballo, na rúa…
Nosos obxectivos
- Favorecer os tránsitos da chegada e a despedida da vida.
- Crear espazos para o coidado das familias.
- Formación de persoas libres e coidadosas consigo mesmas e a súa contorna.
- Acompañar no respecto as decisións vitais.
O NOSO EQUIPO
O que hai detrás de Eomaia definiría unha morea de circunstancias, experiencias, vivencias, coñecementos… que teñen que ver con nós, e beben das fontes do instinto de conservación, o respecto pola saúde e o noso propio benestar e o de todos os seres humanos, animais, plantas, minerais… fundamentais para a vida en harmonía e na procura da felicidade común.
Estas son as persoas que se encargan de levar a cabo no día a día a Fundación Eomaia:

Lucia Gonzalez
