Dirixímonos a toda a familia, a familia entendida en toda a súa plenitude. A familia á que pertencemos todas/os, a familia coa que convivimos día a día na casa, no traballo, a rúa…
As actividades, obradoiros e consultas que ofrecemos están dirixidas á saúde e o benestar integral das persoas e do conxunto da sociedade, sumando, na medida das nosas forzas, a aquilo no que cremos: a capacidade de cada persoa para mellorar na vida, na morte, e en todas as súas manifestacións.
O noso ámbito de actuación abrangue a comunidade de Galicia.