A Tribu Vedraña

PROXECTO “A TRIBU VEDRAÑA”

DENOMINACIÓN PROXECTO “A TRIBU VEDRAÑA”
TIPO Propio
SECTOR PRINCIPAL Cidadanía en xeral. Persoas maiores. Persoas con dificultades económicas ou/e sociais. Contorna rural.
FUNCIÓN PRINCIPAL Formación do voluntariado. Servizos Comunitarios.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA Concellos de Ponteareas e Covelo, Pontevedra. Comunidade Galega.

Antecedentes e detección de necesidades.

O envellecemento da poboación no medio rural galego é un desafío para a sociedade xa que o incremento da esperanza de vida non implica que esta sexa de calidade, senón que está asociado a un incremento progresivo das taxas de discapacidade e dependencia, que aumentan a necesidade de apoios, servizos e recursos na persoa maior.

Debido ao estilo de vida actual, o cal inclúe a desintegración do ancestral modelo de familia extensa, o abandono do rural, o avellentamento da poboación en Galicia, o illamento ou diferentes estados de abandono dos nosos maiores, a desvalorización das persoas consideradas improdutivas, e outros factores sociais inherentes á vida moderna, cada vez son máis as persoas que afrontan a etapa final da súa vida en soidade e cunhas carencias de relacións sociais que fomentan estados físicos e psicolóxicos de depresión e enfermidade, o que ocasiona que a última etapa da vida se converta nunha acumulación de sufrimento e impotencia para as persoas, e para unha sociedade que necesita actualizar con medidas de atención e servizo máis adecuadas o momento que vivimos de lonxevidade.

Consciente desta situación e consecuentemente cos seus principios e fins estatutarios, Eomaia pon en marcha este programa que pretende paliar, na medida do seu alcance, os problemas descritos, poñendo especial atención á poboación máis illada social e fisicamente, e á máis desfavorecida.

DESCRICIÓN DO PROGRAMA

Este programa trata de contribuír a recuperar a participación das persoas maiores na sociedade e potenciar a xeración de espazos inter-personais e dinamización cultural da contorna. Encamíñase á posibilidade da participación activa, das persoas maiores, na súa vida social e familiar, gozar dunha calidade de vida e respectar a súa dignidade nesta etapa da vida. Artellar unha serie de accións, levadas a cabo por persoal voluntario, que sirvan de apoio ás persoas e ás súas familias, para engadir calidade e alivio na etapa final da vida.

Así mesmo, o programa pretende achegar á cidadanía en xeral as ferramentas informativas, formativas e asistenciais que contribúan a manter e protexer a autonomía persoal e as decisións baixo o amparo de ser cidadáns/as de pleno dereito.

O programa enmárcase dentro do proxecto de acompañamento ao final da vida, “Unha boa morte para todas as persoas”, co fin de fornecer na medida do posible unha boa vida que desemboque nun fin digno e respectado, favorecido por vencellos afectivos que sexan produto dunha relación inter-xeracional e de veciñanza saudable, dinámica e creativa.

Trátase dun programa de desenvolvemento comunitario co que pretendemos que as persoas maiores e as súas familias coidadoras, persoas excluídas ou en risco de exclusión (tendo en conta tamén a exclusión territorial) permanezan no seu medio, nas mellores condicións e coa maior calidade de vida.

Inscrita no Rexistro de Fundación de Interese Galego co número 2009/20.

Inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social co número E-6523 (RUEPSS) da Xunta de Galicia.

Inscrita como entidade no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

FUNCIÓN PRINCIPAL

Crear un núcleo forte de voluntariado formado que sirva de inicio a unha rede permanente que fomente os valores de solidariedade, compaixón e responsabilidade social, para dar resposta ás necesidades e carencias sobre a demanda potencial da prestación de servizos para persoas maiores da comunidade rural no entorno de Ponteareas, Mondariz e Covelo. Trátase de desenvolver programas que integran distintos proxectos dirixidos aos maiores e ás súas familias coidadoras a través de actividades educativas, formativas/informativas, artísticas, e da prestación de servizos de proximidade e acompañamento para que este sector da poboación permaneza no seu medio o maior tempo posible.

Formativa. Desenvolvemento dun programa de formación de voluntariado dirixido especialmente á franxa de idade en envellecemento activo.

Persoas que xa forman parte do voluntariado da Fundación Eomaia que queiran formarse e participar dun xeito transversal noutros programas da mesma.

Persoas interesadas pertencentes aos concello de Ponteareas, Covelo e Mondariz.

Comunitaria. Dirixida á poboación en xeral, coa posta en marcha do asociacionismo e os grupos de apoio e debate.

ÁMBITO XEOGRÁFICO

Concello de Ponteareas, Concello de Covelo e Concello de Mondariz.

DESTINATARIOS/AS

  • Persoas xubiladas ou liberadas de actividade que queiran dedicar tempo ao servizo comunitario.
  • Persoas residentes no concello de Ponteareas, Covelo e Mondariz que estean interesadas en formar parte dun proxecto inter-xeracional.
  • Familiares e coidadoras de persoas dependentes.
  • Voluntariado da Fundación Eomaia.
  • Voluntariado dependente dos concellos.
  • Voluntariado dependente doutras asociacións colaboradoras.

ACTUACIÓNS PARA O ANO 2021

A actividade que propoñemos realizar durante o primeiro semestre do ano 2021 está dentro do proxecto A Tribo Vedraña, cuxo obxectivo é recuperar o coidado das persoas maiores pola sociedade da que forman parte. Crear infraestruturas novas situadas no local e o familiar de maneira que posibiliten a continuidade e a permanencia na súa contorna, darlles unha calidade de vida e respectar a súa dignidade ata a morte.
A tribo vedraña formúlase en dúas actuacións para o ano 2021.

1. Formación de voluntariado de acompañamento. Formación de xaneiro a xuño de 2021.
2. Actividades nas que este voluntariado xa formado favoreza a realización de actividades, servizos e atención ás persoas desde a comunidade veciñal. Programación a partir de xullo de 2021.

1.-Formación de voluntariado de acompañamento
Nesta formación, queremos proporcionar ás persoas unha base de coñecemento e comprensión ligada ao final da vida, á vellez.
Coñecer as súas necesidades físicas, emocionais e espirituais. Para acompañar, é necesario recoller á persoa onde está, e para iso é imprescindible que pensemos no sitio onde se atopa unha persoa vella. Temos claro que a sociedade galega presenta unha pirámide de poboación moi envellecida e que o modelo actual de coidado dos nosos maiores, fundamentalmente baseado na concentración de residentes en espazos pechados, ademais de ser contrario á dignidade humana, viuse superado estes anos e fíxose tristemente patente a súa ineficacia durante a xestión da crise do COVID-19
É importante que cambiemos de dirección para non seguir colaborando no illamento emocional das persoas maiores da nosa comunidade.
As necesidades de comunicarnos cos demais é importante durante toda a vida, e intensifícase cando sabemos que imos morrer. E a idade dános esa sabedoría, canto maiores somos, mais conscientes nos facemos da proximidade da morte.
Queremos establecer unha liña de comunicación aberta que recolla o legado cultural e a experiencia da xente vella da comunidade. Abrir camiños de confianza para que o diálogo se estableza en dúas direccións. Non se trata só de coidar o corpo, de fornecer alivio na dor física, senón tamén de ser capaces de recoñecer momentos ligados ao final da vida para os que é necesario espertar a sensibilidade propia do recoñecemento á vellez e á morte.

2.-Actividades nas que este voluntariado xa formado favoreza a realización de tarefas, servizos e atención ás persoas en colaboración coa comunidade veciñal.
As persoas voluntarias serían as encargadas de detectar as necesidades e as posibilidades da comunidade.
A fundación Eomaia, en colaboración cos concellos, encargaríase de mobilizar os recursos que cubran dita demanda.
Actividades do voluntariado:
Dinamizar actividades culturais en centros sociais, comunidades de veciños e domicilios comunitarios.
Potenciar un servizo público a nivel de parroquias con capacidade para atender ás persoas maiores nos seus domicilios.
Organizar casas de encontro e permanencia para os anciáns que así o precisen.

Formación de Voluntariado febreiro-abril 2021

Xa temos a programación do curso de formación programado para os meses de febreiro, marzo e abril de 2021.

O horario sera preferiblemente de mañan.

Os espazos estan por determinar, sendo con seguridade ou en Ponteareas ou Covelo, posto que hemos de ter en conta o número de persoas interesadas por concellos para facilitar o máximo posible cuestiones de desprazamentos.

Esperamos as vosas mostras de interés acerca de esta formación.

A data límite de inscripción e o 18 de febreiro. E no documento adxunto para inscribiros podedes facer a vosa reserva onde podedes engadir observacións con respecto as vosas circunstancias particulares.

Febreiro 2021
Do. Lu. Ma. Mé. Xo. Ve. Sá.
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18

limite de prazo de inscripcións

19

Presentación. Formación de voluntariado.

20
21 22 23

NEMESIO BOENTE. Detención temperán das alteracións cognitivas.

24 25

NEMESIO BOENTE Detención temperán das alteracións cognitivas.

 

26 27
28

 

Marzo 2021
Do. Lu. Ma. Mé. Xo. Ve. Sá.
1 2

MAR LÓPEZ. Acompañamento á Morte

3 4

MAR LÓPEZ. Acompañamento á Morte

5 6
7 8 9

ISABEL ALONSO

Construír relacións saudables

10 11

ROGELIO VÁZQUEZ.

Rituais funerarios na nosa historia.

12 13
14 15 16

ISABEL ALONSO

Construír relacións saudables

17 18

ISABEL BLANCO

Información sobre os dereitos en asistencia sanitaria ao final da vida.

19 20
21 22 23

MARÍA  LAGOA.

Factores emocionais e ferramentas de apoio.

24 25

JUAN PICHEL

Novas tecnoloxías.

26 27
28 29 30 31

 

Abril 2021
Do. Lu. Ma. Mé. Xo. Ve. Sá.
1 2 3
4 5 6

SILVIA MELERO

Acompañamento ao dó.

7 8

SILVIA MELERO

Acompañamento ao dó.

 

9 10
11 12 13

PATRICIA ÁLVAREZ. O coñecemento da postura corporal

14 15

PATRICIA ÁLVAREZ. O coñecemento da postura corporal

16 17
18 19 20

MANUEL CASTRO E M CARMEN I. ALVARGONZÁLEZ

O acompañante terapéutico.

21 22

MANUEL CASTRO E M CARMEN I. ALVARGONZÁLEZ

O acompañante terapéutico.

23 24
25 26 27

MANUEL CASTRO E M CARMEN I. ALVARGONZÁLEZ

O acompañante terapéutico.

28 29

Peche. Entrega de certificados de asistencia

30

19 de FEBREIRO

Presentación da formación.

23 e 25 de FEBREIRO

Nemesio Boente Tienda. Enfermeiro.

Detención temperán das alteracións cognitivas.

Horas lectivas: 3 sesións de 2 horas cada unha.

Recursos: Sala de conferencias preferiblemente con escenario. Pantalla e proxector. Conexión wifi.

Presencial.

Obxectivos:

  • Valorar a intercomunicación no eido rural entre persoas de idade avanzada e o resto da vecindade.
  • Clarificar os sinais de alarma que evidencian a alteración das capacidades cognitivas.
  • Aprender a identificar os síntomas indicativos da merma da capacidade de comunicación.
  • Valorar a influencia do entorno afectivo e socioeconómico como determinante da calidade de integración das persoas de idade.
  • Traballar a comprensión e compaixón nas relacións interpersonais con persoas con alteracións cognitivas.
  • Orientar as actuación que se lle podan presentar ao voluntariado.

Metodoloxía.

Introdución ao marco cognitivo do tema mediante unha breve presentación das características xerais da doenza.

Propóñense diferentes recursos visuais para detección de síntomas e para enfrentarse socialmente aos mesmos. Cada sesión finalizarase cunha posta en común onde as e os participantes poderán exponer dúbidas e /ou  casos concretos.

O tempo total estimado sería un mínimo de seis horas, repartidas en tres sesións de dúas horas intensivas cada unha.

2 e 4 de MARZO

Mar López. Fundación Vivir un Buen Morir.

Acompañamento á Morte

Horas lectivas: 2 sesións de 2 horas

Recursos: Sala de conferencias preferiblemente con escenario. Pantalla e proxector. Conexión wifi.

En liña en directo.

Obxectivos:

  • Clarificar os propios condicionamentos individuais e sociais sobre a morte na nosa sociedade, cada vez máis envellecida e con número crecente de enfermidades dexenerativas e crónicas.
  • Valorar a comunicación auténtica ao final da vida.
  • Identificar e analizar as fases do proceso de morrer a nivel físico, emocional, cognitivo e espiritual, segundo a descrición da clínica moderna, da psicoloxía occidental e das antigas tradicións espirituais da humanidade. Adecuar os coidados a cada momento do proceso.
  • Identificar as pautas para un acompañamento de calidade ao enfermo terminal e os seus achegados, comprendendo as motivacións persoais no desenvolvemento do labor asistencial e profundando na escoita e calidade de presenza.
  • Acompañar no proceso de morrer e no dó en tempos de coronavirus. Como afrontar a dolorosa distancia social nas despedidas.
  • Facilitar a elaboración dun dó san promovendo despedidas sabias e compasivas.

Metodoloxía.

Ao mesmo tempo que o curso ofrece o marco cognitivo do tema, preténdese que os/as participantes realicen un labor introspectivo sobre as súas propias crenzas e conceptos sobre a morte, de forma que poidan clarificar en primeira persoa e realizar así os seus propios insights.

Na primeira sesión vía zoom, de 2 horas de duración, cunha pausa a metade de sesión, constituirase o grupo para crear unha contorna de confianza e deseñar as prioridades temáticas dos participantes. Despois, expoñerase o tema mediante audiovisuais e presentación power point.

Na segunda sesión, continuaremos coa exposición de contidos e realizaremos dinámicas interactivas entre os participantes. Finalmente, realizarase a dinámica de peche grupal.

Prevese que durante as exposicións os participantes poidan intervir expresando as preguntas que lles xurdan.

O persoal asistente deberá estar liberado de tarefas laborais durante o curso para favorecer a concentración.

9 e 16 de MARZO

Isabel Alonso Iriarte. Psicóloga.

Construír relacións saudables

Horas lectivas: 2 sesións de 2 horas

Pantalla e proxector. Conexión wifi.

Presencial.

Construír relacións saudables baseadas no modelo do círculo de pertenza “ psicoloxía positiva” para proporcionar ao voluntariado habilidades que poidan decidir límites das relacións.

11 de MARZO

Rogelio Vázquez Gómez.

Rituais funerarios na nosa historia.

Horas lectivas: 1 sesión de 2 horas

Presencial.

Os rituais de paso funerarios expresan basicamente o mesmo en todas as culturas do mundo: o amor aos seres queridos que se van, e a dor pola súa perda. O rito procura integrar esta dor no colectivo e facela aceptable.

18 de MARZO

Isabel Blanco. Derecho a Morir Dignamente Galicia.

Información sobre os dereitos en asistencia sanitaria ao final da vida.

Horas lectivas: 1 sesión de 2 horas

Presencial.

Informar e comentar os dereitos recoñecidos nas leis.

Asistencia sanitaria, autonomía.

Testamento Vital (DEP Documento de Instrucións Previas)

Dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais.

Lei de regulación da Eutanasia.

23 de MARZO

María Lagoa. Auxiliar clínica.

Factores emocionais e ferramentas de apoio.

Horas lectivas: 1 sesión de 2 horas

Presencial.

Acompañamento de longo percorrido.

Coidados na casa. A familia na súa función de sostemento.

25 de MARZO

Juan Pichel Gomes da Silva. Informático.

Novas tecnoloxías.

Horas lectivas: 1 sesión de 2 horas

Presencial.

Formación básica en uso das novas tecnoloxías como medio de comunicación e a resolución de trámites.

6 e 8 de ABRIL

Silvia Melero Abascal. Loito en cores.

Acompañamento ao dó.

Horas lectivas: 2 sesións de 2 horas

Recursos: Sala de conferencias preferiblemente con escenario. Pantalla e proxector. Conexión wifi.

En liña en directo.

Loito en Cores é un proxecto que naceu en 2014 e que procura poñer luz aos tabús sobre o dó e a morte, fomentar as redes de apoio, o intercambio de sabedoría persoal e colectiva, visualizar a diversidade e a pluralidade para abranguer a perda dun ser querido e afrontar a propia morte e o proceso individual e comunitario que ese cambio implica.

Obxectivos das sesións de formación:
– Ofrecer ferramentas para abordar un proceso de dó san.
– Achegar coñecementos e experiencias a través do intercambio xeneracional e cultural.
– Romper o tabú e os silencios sobre a morte en xeral, o dó e todo tipo de perdas.
– Compartir, falar, favorecer a escoita activa e a rede de apoio.
– Recoñecer e identificar emocións e pensamentos en torno á perda.
– Crear, transformar o sufrimento a través da creatividade, unha ferramenta que todas as persoas levamos dentro e que ao poñela en práctica colectivamente supón un aumento de autoestima e un sopro de aire fresco.

13 E 15 de ABRIL

Patricia Álvarez Loureiro. Fisioterapeuta y osteópata

O coñecemento da postura corporal

Horas lectivas: 2 sesións de 2 horas cada unha.

Recursos. Sala ampla, pantalla e proxector.

Presencial.

O coñecemento da nosa postura corporal serviranos de referencia para adoptar unha hixiene postural correcta diminuíndo as tensións que tendemos a acumular. Ser máis eficientes co mínimo esforzo.

Coidarnos para poder coidar, coñecer os nosos puntos de tensión e aplicar técnicas manuais como a masaxe que nos permita aliviar molestias e, á súa vez , ter os coñecementos básicos para poder aplicalo tamén ás persoas que acompañamos como método de analxesia seguro e eficaz. A importancia do contacto no acompañamento: estar presentes

Combinaremos unha breve parte teórica e gran contido práctico.

20, 22 e 27 de ABRIL

Manuel Castro Soto e Mª Carmen Isabel Alvargonzález Ucha. Psicólogo/a.

O acompañante terapéutico.

Horas lectivas: 3 sesións de 2 horas.

Recursos: Sala de conferencias preferiblemente con escenario. Pantalla e proxector. Conexión wifi.

Presencial o en en liña en directo.

O modelo de Acompañante Terapéutico como resposta ao problema que presentan aquelas persoas que sofren algunha patoloxía que non poden sosterse por si mesmas ou non están baixo a tutela dunha institución.

O acompañante terapéutico é un axente de saúde capacitado para soster a pacientes crónicos e agudos.

A súa función sempre vai ser complementaria á actuación doutros profesionais especialistas, formando parte dunha abordaxe múltiple.

29 de ABRIL

Peche das xornadas e entrega de certificados de asistencia.

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Comparte