Acompañamento na morte

Xornadas de reflexión e experiencia sobre a morte e o acompañamento, o 18 de outubro de 17:30 a 19:30, e o 21 de novembro de 10 a 20 horas (xornada dun día completo), no local de Rúa Fontiñas , 27, en Santiago de Compostela. Na primeira data, sobre o Documento de Instrucións Previas (DIP); na segunda, unha formación coa temática de «Acompañar á morte a través do Amor».
O DIP é unha ferramenta que nos permite abordar o tema da morte e reflexionar sobre ela dende un punto de vista persoal, amable e normalmente ben aceptado por todos/as. A cargo de Raquel Freiría.
Acompañar á morte pode ser un proceso moi gratificante, ao tempo que require moita dedicación e enerxía. Sentirse máis preparado/a para acompañar a unha familia na morte do seu bebé ou bebés é unha das claves para ofrecer coidados respectuosos e auténticos baseados nas boas prácticas. A formación de Jillian Casidy pretende achegarnos á experiencia das familias nas que o seu bebé morre antes ou pouco tempo despois de nacer, e aos profesionais sanitarios na súa experiencia con estas familias. Durante a formación, falaremos sobre o dó no seu contexto social, das boas prácticas, da importancia da creación de lembranzas e que opcións hai para ofrecerlle ás persoas ou grupos familiares que pasen por esta vivencia.

