www.agromantes.com
Hai un muro de silencio -cando non de prexuizo- arredor da saúde mental, e xs agromantes buscamos que o público xeral empatice e comprenda un pouco máis xs afectadxs e as súas problemáticas.
Pero tamén queremos reivindicar unhas voces valiosas, unhas narrativas asombrosas ata hai pouco sacrificadas por bárbaras, ou acaso impuras, molestas.
O proxecto AGROMANTES impulsa un Laboratorio de Cinema, do que deriva a produción de varias curtametraxes, e un Obradoiro Escénico.
A iniciativa foi breve e botamos de menos disfrutar dun prazo máis dilatado. E varias curtas pararon por indecisión ou por falta de tempo. Non obstante, a porta segue aberta, e novos gromos poden ir xurdindo polo camiño.