
ABM Área de asistencia
Dentro do programa tamén prestamos servizos asistenciais e de acompañamento a enfermos terminais ou con perspectivas de morte, así como ás súas familias.
Esta área está cuberta por enfermeiras, traballadoras sociais, outras/os profesionais e persoas voluntarias que prestan unha asistencia personalizada para cada demanda:
• Acompañamento ou asistencia persoal
• Asistencia domiciliaria de enfermería e coidados auxiliares
• Asistencia e acompañamento nos centros residenciais e hospitalarios
• Prestación do servizo “axuda a enfermos terminais a cumprir as últimas vontades e desexos”
Para máis información, chama aos teléfono 658 79 94 70 ou escribe a fundacioneomaia@gmail.com