
ASÍ NACEMOS
Eomaia constitúese como fundación en novembro do 2009 en resposta a unhas necesidades e demandas sociais, coa finalidade de desenvolver unha actividade humana e próxima, a través da creación de redes de colaboración e espazos de comunicación entre persoas.
A través da Fundación Eomaia, establécense distintos focos de traballo relacionados coa atención persoal, o acompañamento e a mellora das nosas condicións de vida.
O noso nome, Eomaia, vén dun dos primeiros mamíferos placentarios que representan o tránsito entre a vida dos anfibios e a dos futuros mamíferos. Viviu hai 125 millóns de anos e o nome que lle deu o seu descubridor significa nai do amencer.
Camiñar nesa vía entre a capacidade de nadar mergullados baixo a auga das cidades e a necesidade de chegar a un lugar sensible, ao aire libre, onde podamos expresar as nosas emocións. Actuar como a placenta que media entre a mamá e o bebé e fai posible que dúas naturezas diferentes convivan, sumando a favor do crecemento e a saúde. E chegando ao entendemento mutuo.
OBXETIVOS:
• favorecer os tránsitos da chegada e a despedida da vida.
• crear espazos para o coidado das familias.
• formación de persoas libres e coidadosas consigo mesmas e a súa contorna.
• acompañar no respecto as decisións vitais.

Formación para voluntariado
Xa temos a programación do curso de formación programado para os meses de febreiro, marzo e abril de 2021. O horario sera preferiblemente de mañan. Os espazos estan por determinar, sendo con seguridade ou en Ponteareas ou Covelo, posto que hemos de ter en conta o...
leer más
Actividades Criadeira Xaneiro 2021
Actividades: Primeiros auxilios para bebés, 15 xaneiro de 17h a 20h. Alimentación regulada polo bebé, 29 xaneiro de 17h a 20h. Reserva: 658799470 fundacioneomaia@gmail.com Pza. Maior, 45, Ponteareas
leer más
Escritura expresiva
Venres 11 de decembro de 2020 as 19 horas. Pza. Maior, 45, Ponteareas.
leer más