
ASÍ NACEMOS
Eomaia constitúese como fundación en novembro do 2009 en resposta a unhas necesidades e demandas sociais, coa finalidade de desenvolver unha actividade humana e próxima, a través da creación de redes de colaboración e espazos de comunicación entre persoas.
A través da Fundación Eomaia, establécense distintos focos de traballo relacionados coa atención persoal, o acompañamento e a mellora das nosas condicións de vida.
O noso nome, Eomaia, vén dun dos primeiros mamíferos placentarios que representan o tránsito entre a vida dos anfibios e a dos futuros mamíferos. Viviu hai 125 millóns de anos e o nome que lle deu o seu descubridor significa nai do amencer.
Camiñar nesa vía entre a capacidade de nadar mergullados baixo a auga das cidades e a necesidade de chegar a un lugar sensible, ao aire libre, onde podamos expresar as nosas emocións. Actuar como a placenta que media entre a mamá e o bebé e fai posible que dúas naturezas diferentes convivan, sumando a favor do crecemento e a saúde. E chegando ao entendemento mutuo.
OBXETIVOS:
• favorecer os tránsitos da chegada e a despedida da vida.
• crear espazos para o coidado das familias.
• formación de persoas libres e coidadosas consigo mesmas e a súa contorna.
• acompañar no respecto as decisións vitais.

FORMACIÓN: VIVIR UN BUEN MORIR Y EL ARTE DE ACOMPAÑAR
MAR LÓPEZFORMACIÓN "Virir un buen morir y el arte de acompañar" Guiada por Mar López, presidenta de la Fundación Vivir un buen morir https://virirunbuenmorir.es/ PRÓXIMAMENTE, en horario de 10:00 a 14:00 y de 16:00 20:00h 100€ el curso completo...

II FORMACIÓN PARA VOLUNTARIADO TRIBU VEDRAÑA

TI PINTAS MUITO
ENCUENTRO ARTÍSTICO CON MAYORES