ATT e embarazo

A Arteterapia utiliza o proceso da expresión e da creación artística co fin de profundar en procesos que teñen importancia na nosa vida presente. Propón unha experiencia creativa permitindo a expresión non verbal. O embarazo é tempo de creación, coa arteterapia como aliada representaremos, con linguaxes simbólicas, necesidades, desexos e posibilidades para desenvolver o mapa do tesouro.

A obra é a que comunica. O traballo en arteterapia descansa na creación dunha produción e a realización desta. É a obra en movemento a que é importante, o proceso de crear e o que ocorre neste proceso antes có resultado final. A relación, o proceso creativo e a ” obra artística” son os medios terapéuticos específicos da arteterapia.

Desde nenos/as defínennos no tocante ás nosas capacidades e posibilidades artísticas. Isto fai que durante  a nosa vida asumamos eses xuízos como certos e moitas veces afastémonos da nosa expresión vital.

A arteterapia baséase en que o achegamento á arte é un don que todo ser humano posúe e, desde esa afirmación, trata de “sandar” ou recuperar a confianza na nosa capacidade.

A arteterapia é un goce da natureza, manifesta no noso ser a través da expresión artística. Os nosos ollos, as nosas mans… danlle ás nosas emocións, a todo o noso corpo e mente un espazo a través da cor, da expresión, da creación, favorecendo outra linguaxe de comunicación connosco mesm@ s e  cos demais.

Coa arteterapia chégase a niveis profundos: A creación faise desde o inconsciente, e  por medio da cor e das formas, a arteterapeuta acompaña, interpretando os resultados, no camiño de coñecernos.

Obxectivos:

  • Expresarse non só con palabras.
  • Mellorar a calidade de vida psicolóxica e social.
  • Poñer en marcha o potencial creativo.
  • Ser.
  • Xogar, rir, chorar… cambiar de ideas, darse pracer.
  • Ir  cara dentro, incitar a introspección e o autocoidado.
  • Ofrecer un espazo onde o interior ten máis importancia.
  • Intimidade.
  • Dar un sentido ao vivido.
  • Atopar prioridades.
  • Elaboración e re-construción psíquica.
  • Buscar outras maneiras de actuar.
  • Permitirse  vivir unha experiencia co corpo e a alma para transformarse.

 A quen vai dirixido?

Durante o embarazo, hai moitas cousas que descubrimos. Ordenar e recoñecer esa información creará confianza e aumentará a esperanza en que somos as que guiamos a nosa vida e a vida que espera dentro de nós.

Dinámica  das sesións de arteterapia:

As sesións de arteterapia son dunha hora e media aproximadamente. Utilizamos materiais como a acuarela, o pastel, pinturas, lapis, carbón e a arxila. É a arteterapeuta quen fai unha proposta de experiencia artística dando unhas directrices de realización cunha ampla marxe de expresión. Un dos fins da arteterapia é que o resultado sexa estimado pola persoa que a practica.

Onde e cando?

As sesións poden ser a domicilio.

No local da Fundación Eomaia, en Praza Maior 45, Ponteareas, Pontevedra.

Na escola de Ioga, Yoga Devi, Rúa Manuel Palacio 1, entrechán 1, Pontevedra.

Prezo: 40 euros/sesión, ou 245 o bono de 7 sesións. Mais gastos de desprazamento, se é o caso.

 

 

 

 

 

 

 

 

Arteterapeuta:

Lucía González

Contacto:

658799470

www.fundacioneomaia.org

luziatitan@gmail.com

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This