Con motivo da celebración do Día contra as violencias de xénero e o Día da Muller traballadora, a fundación EOMAIA convoca o Terceiro Certame de Postais sobre o papel da muller na sociedade que se rexerá baixo as seguintes bases:
- Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexaren ou as menores con autorización expresa de quen posúa a custodia legal, de todas as nacionalidades e calquera parte do mundo.
- Os traballos xirarán sobre a temática do Papel da Muller en todos os aspectos da vida e deberán ser orixinais e inéditos.
- Os traballos terán un formato tamaño postal coas medidas mínimas de14x 9.e máximas de 23,5 x 12cm
- Cada persoa poderá enviar un único traballo. O envío farase á dirección postal Pza. Maior 45, baixo, 36860 Ponteareas. Deberá figurar como asunto: Tereceiro Certame de postais “En femenino” e acompañaranse do documento de autorización no caso dun menor de idade.
- A premisa fundamental é o uso do envío postal, excepcionalmente,admitiremos o envio a través de correo electrónico á seguinte dirección fundacioneomaia@gmail.com colocando no asunto: III Certame EN FEMININO.
- Os traballos poderán ser realizados en técnica libre sempre que se axusten ao formato das medidas establecidas no caso dos envíos postais
- Os traballos serán enviados desde as cero horas do día 25 de novembro do 2022 ata as 24 horas do día 28 de febrero de 2023.
- Os traballos recibidos serán expostos nas instalacións da Fundación EOMAIA, Pza Maior 45, baixo, Ponteareas do 4 ao 8 de marzo de 2022. Posteriormente, a partir do 9 de marzo de 2023, realizarase unha exposición itinerante con todas as postais recibidas por diferentes centros de ensino e locais culturais do térmo municpal de Ponteareas e Covelo, e aqueles que fagan solicitude previa..
- De acordo coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos dos e das participantes serán tratados de xeito confidencial co fin de garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, a súa honra e intimidade persoal.
- O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das súas bases.
Me gustaría participar en el concurso pero no me deja mandar la inscripción
Hola Noemí, puedes participar sin más, manda tu postal a la dirección de nuestra sede en Ponteareas, hubo un pequeño malentendido con la publicación, no es un concurso, las postales pueden llegar de manera anónima o bien poner tus datos en el remite, también por si quieres recuperar tu postal.