Bases do IV Certame Arte Postal “EN FEMININO”

Con motivo da celebración do Día contra as violencias de xénero e o Día da Muller traballadora, a fundación EOMAIA convoca o Cuarto Certame de Postais sobre o papel da muller na sociedade que se rexerá baixo as seguintes bases:

  1. Poderán concursar todas as persoas maiores de idade que o desexaren ou as menores con autorización expresa de quen posúa a custodia legal, de todas as nacionalidades e calquera parte do mundo. (A continuación o documento de autorización para menores de idade)
  2. Os traballos xirarán sobre a temática do Papel da Muller en todos os aspectos da vida e deberán ser orixinais e inéditos.
  3. Os traballos terán un formato tamaño postal coas medidas mínimas de14 x 9 centímetros e máximas de 23,5 x 12 centímetros.
  4. Cada persoa poderá enviar un único traballo. O envío farase ao enderezo postal Pza. Maior 45, baixo, 36860 Ponteareas. Deberá figurar como asunto: Cuarto Certame de postais “En femenino” e acompañaranse do documento de autorización no caso dun menor de idade. A premisa fundamental é o uso do envío postal, excepcionalmente, admitiremos o envio a través de correo electrónico ao seguinte enderezo info@fundacioneomaia.org colocando no asunto: IV Certame EN FEMININO.
  5. Os traballos poderán ser realizados en técnica libre sempre que se axusten ao formato das medidas establecidas no caso dos envíos postais.
  6. Os traballos serán enviados desde as cero horas do día 25 de novembro do 2023 ata as 24 horas do día 28 de febreiro de 2024.
  7. Os traballos recibidos serán expostos nas instalacións da Fundación EOMAIA, Pza Maior 45, baixo, Ponteareas do 4 ao 8 de marzo de 2024.
  8. Posteriormente, a partir do 9 de marzo de 2024, realizarase unha exposición itinerante con todas as postais recibidas por diferentes centros de ensino e locais culturais do termo municipal de Ponteareas e Covelo, e aqueles que fagan solicitude previa.
  9. De acordo coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos dos e das participantes serán tratados de xeito confidencial co fin de garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, a súa honra e intimidade persoal.
  10. O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das súas bases.

Modelo de autorización para participantes menores de idade Descargar


Para calquera dúbida contacta connosco

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *