Campamento de Verán 2017

Campamento de Verán no Fogar do Meu Burro, na aldea de Lamas (Ames), a 11 quilómetros de Santiago. Para nenos/as entre os 4 e os 16 anos. Será en xullo, 1ª quincena do 3 ao 14 e 2ª do 17 ao 28. Os grupos conformaranse en base ás afinidades de idade. Organizaranse actividades como cociña, pintura, cerámica, teatro, música, danza urbana, «viva o circo», origami (arte en papel), «o can amigo» e paseos en carro cos nosos burriños. Todas as actividades son inclusivas, para persoas con diversidade funcional.

Horario: de 10 a 14 horas, de luns a venres.

Almorzo a media mañá e material incluído. Os nenos e nenas que debido aos horarios de traballo familiares non poidan cumprir o horario anterior, poderán comezar ás 9 e marchar ás 16 h, traendo o seu propio xantar.

Prezo: 120€.  Pre-inscrición: 50€ (Data límite o 15 de xuño)

+Información: Tomás, tfnos 981 883505 e 690037673

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies