COLABORA

COMO SE FINANCIAN OS PROXECTOS DA FUNDACIÓN EOMAIA


As cotas de asociados.
• Os apa-amadriñamentos das eguas da Seara.
• Os ingresos por servizos de acompañamento e outros especializados.
• Os ingresos polas actividades e encontros na finca da Seara e no local de Eomaia en Ponteareas.
• Doazóns puntuais.

 

COMO PODO COLABORAR


1. Ingresando anualmente a cota de socio/a de 60€ (mensal 5€, trimestral 15€, semestral 30€ ou nun pago de 60€). Nesta modalidade, podes optar a apa-amadriñar unha egua da Seara.
2. Ingresando o costo por apa-amadriñar unha egua na Seara que son 45€ ao ano.

Ao estar os proxectos baixo o amparo da fundación Eomaia, as cotas teñen unha desgravación fiscal consecuente por estar destinadas a proxectos de desenvolvemento social sen ánimo de lucro (Ley de Mecenazgo).

A túa colaboración tamén pode ser difundindo o nosos proxectos nos teus círculos de amizade, redes sociais, lugar de traballo…

Tamén podes participar activamente nos proxectos da maneira que ti elixas. Para isto ponte en contacto con nós a través do correo electrónico fundacioneomaia@gmail.com.

 

OS INGRESOS PODES FACELOS POR:


1. Ingreso na conta de Fundación Eomaia n.º ES80 2100 4793 810200040245 de La Caixa.
2. Por domiciliación, enviando ao correo fundacioneomaia@gmail.com os teus datos, nome, telefóno e n.º de conta. Así como a modalidade de financiación á que queres optar.
3. A través de PayPal.

Se queres formar parte do grupo de simpatizantes e amigas/os, podes deixarnos o teu contacto e manterémoste informada/o das nosas actividades e novas.





Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This