COLABORA
COMO SE FINANCIAN OS PROXECTOS DA FUNDACIÓN EOMAIA
• As cotas de asociados.
• Os apa-amadriñamentos das eguas da Seara.
• Os ingresos por servizos de acompañamento e outros especializados.
• Os ingresos polas actividades e encontros na finca da Seara e no local de Eomaia en Ponteareas.
• Doazóns puntuais.
COMO PODO COLABORAR

- Asociate con unha cota anual de 60€ anual.
- Apa-amadriñar unha egua da Seara 60€ anual.
- Socio/a e apa-amadriñar 100€ ao ano.
Ao estar os proxectos baixo o amparo da fundación Eomaia, as cotas teñen unha desgravación fiscal consecuente por estar destinadas a proxectos de desenvolvemento social sen ánimo de lucro (Ley de Mecenazgo).
A túa colaboración tamén pode ser difundindo o nosos proxectos nos teus círculos de amizade, redes sociais, lugar de traballo…
Tamén podes participar activamente nos proxectos da maneira que ti elixas. Para isto ponte en contacto con nós a través do correo electrónico.
OS INGRESOS PODES FACELOS POR:
1. Ingreso na conta de Fundación Eomaia n.º ES65 2080 5056 1330 4005 2839 de ABANCA.
2. Por domiciliación, enviando ao correo electrónico os teus datos, nome, telefóno e n.º de conta. Así como a modalidade de financiación á que queres optar.
3. A través de PayPal.
Se queres formar parte do grupo de simpatizantes e amigas/os, podes deixarnos o teu contacto e manterémoste informada/o das nosas actividades e novas.