Concerto pola Diversidade

Será no Auditorio de Galicia o vindeiro xoves 30 de marzo ás 20 h. Un programa diverso e cumprido, con Nuria León (arpista), Santiago López e Pedro Cacheiro (pianistas), Mauro Rábanos (danza), a Compañía 5S, o Grupo da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos e o Coro Infantil da Escola de Música Municipal do Concello de Valga. A entrada é de balde ata cubrir aforo; o tfno de Aspanaes é o 981 130044. A intención deste concerto é o expresado no seu lema: Rompamos xuntos barreiras polo autismo, fagamos unha sociedade accesible.

