DI.ME.

DIVERSIDADE MENTAL

DI.ME. é unha entidade autoxestionada como camiño para reivindicar a nosa voz e os nosos dereitos como colectivo, formada por persoas con experiencia en trastornos mentais. Nace da necesidade de construír espazos integrados por persoas máis ou menos psiquiatrizadas, abríndonos á participación doutras que estean dispostas a asumir un diálogo horizontal, honesto e sincero.

O noso obxectivo global é sumar e colaborar na construción dunha sociedade na que a diversidade mental sexa concibida como un aspecto máis da nosa identidade, enriquecedora e non desdeñable. Por iso cremos que a expresión das nosas dificultades é unha ferramenta básica que non está sendo escoitada desde o sistema de saúde actual, para o que consideramos fundamental o apoio mutuo. Entendemos que somente o devandito cambio de mentalidade pode axudar a superar o medo e rexeitamento aínda presente na sociedade. Da mesma forma, entendemos que compartir as nosas experiencias ofrece esperanzas e axuda á recuperación das persoas que agora mesmo están atravesando un episodio complicado.

PARA QUÉ

  • Colaborar na construción dunha sociedade na que a diversidade mental sexa concibida como un aspecto máis da nosa identidade para superar prexuízos que provoquen sufrimento e perda de dereitos fundamentais.
  • Atopar outras solucións para apoiar ás persoas mergulladas en circunstancias de sufrimento pola perda dos dereitos ou a dignidade por mor das súas condicións de diagnóstico mental.
  • Promover a realización de grupos de axuda mutua en saúde mental.
  • Ofrecer respaldo mutuo.
  • Chegar ás persoas que se atopen en situación de desamparo, maltrato ou marxinación por causa de dano e malestar na saúde mental.
  • Promover e fortalecer o voluntariado entre as persoas con Diversidade Mental.
  • Validar a axuda que fornecen as persoas con experiencia en episodios de dano na saúde mental como unha vía de comprensión cara outras que pasan por semellantes circunstancias.
  • Realizar cursos de formación e empoderamento para as persoas con Diversidade Mental, familiares e calquera outro colectivo que estea interesado.
  • Ofrecer esperanza e axuda na recuperación ás persoas que agora mesmo están a atravesar un período complicado.
  • Acompañar e coidar das persoas que precisen axuda, por atoparse en risco de sufrir dano, en períodos de crise, internamento ou final de tempadas de internamento.
  • Fornecer espazos para o encontro, intercambio e colaboración das persoas involucradas nos programas.
  • Promover a realización de actividades culturais, artísticas e expresivas como canle de mellora e cohesión.
  • Favorecer a elaboración de propostas multi e interdisciplinares que non desatendan a voz narrativa das persoas que viven situacións de sufrimento psíquico.

CÓMO

Formación

Cursos para ás persoas voluntarias comprometidas com o proxecto.

Creación de grupos de debate, autocoñecemento e axuda mutua

Organizaremos periodicamente grupos de debate e apoio mutuo para compartir as experiencias e acadar apoio doutras persoas con procesos similares. Reunións no local da Fundación Eomaia en Ponteareas.

Conferencias, mesas redondas, encontros e congresos

Asistencia a eventos que se realicen na comunidade autónoma de Galicia e fóra da comunidade que teñan como común denominador a atención  e mellora da situación das persoas que sofren por dano e perda temporal de saúde mental.

Puntos permanentes de información

 Punto de información para todas aquelas persoas que mostren interese no programa de voluntariado para o acompañamento na diversidade mental.

Servizo de atención ao público no local da fundación Eomaia situado na Praza Maior 45 de Ponteareas, no que se pode recibir a información da actividade que desenvolvemos e os servizos de voluntariado que prestamos.

A persoa interesada en recibir información ou asesoramento sobre calquera dos temas que trata a fundación neste programa, deberá solicitar cita previa para que poda ser atendida pola persoa máis indicada.

Edición de folletos informativos

Prestación de servizos asistenciais de acompañamento a persoas que sofren ou sufriron por perda de saúde mental

O acompañamento realizarase en:

Casas, hospitais e na realización de actividades  no marco dos espazos da fundación Eomaia.

De xeito presencial, no lugar onde se atope a persoa interesada, se se atopa coa imposibilidade de desprazarse.

En casos de internamento ou noutras circunstancias, podemos acordar unha cita para ter un encontro.

Poden darse casos nos que prime a urxencia, polo que, unha vez que a persoa ou representante ou algunha achegada daquela, se poña en contacto con nós, acudiremos ao lugar no prazo máis breve posible.

A través de atención telefónica. No teléfono 658799470

Atención por correo electrónico

No enderezo diversidademental@gmail.com , que será atendido por Galiza Quinteiro Rendo.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies