DIP (Documento de Instrucións Previas)

O documento de instrucións previas  (DIP), é o texto documental no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos médicos ou de saúde que desexa recibir (ou non recibir) ante posibles situacións futuras, co fin de que esta vontade sexa respectada e cumprida se chegase o momento en que o suxeito non fose quen de expresala por si mesmo.

Eomaia ten editado un modelo de DIP, aprobado pola REGAP, do que pode facer uso calquera persoa.

Neste modelo ante testemuñas podes acceder e descargar o modelo do Documento de Instruccións Previas para facer con testemuñas;

se o modelo que se precisa é pra facer con funcionarios, descarga  o modelo ante funcionaria.

Se precisas máis información ou asesoramiento para confeccionar o teu Documento de Instrucción Previas, ponte en contacto con nós: https://fundacioneomaia.org/contacta

Faladoiro sobre o D.I.P.

Faladoiro sobre o D.I.P.

No C.S.A. CAMBALLOTA, de Allariz (Camiño do Castelo, 10) está convocado un faladoiro sobre o Documento de Instrucións Previas, ou Testamento Vital. A conferencia-debate será o mércores 9 de maio ás 8 da tarde. Podes atopar máis información sobre o tema na páxina web...

leer más
Xornada de portas abertas en O Fogar do Meu Burro

Xornada de portas abertas en O Fogar do Meu Burro

O Fogar do Meu Burro abre o seu espazo de actividades ao público celebrando unha Xornada de portas abertas o vindeiro 5 de maio, en horarios de mañá (de 11:30 a 12:30) e de tarde (de 18:00 a 20:00 h). As reservas previas pódense facer nos teléfonos 658799470 ou...

leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This