FINCA DA SEARA

Ecoterapia e contacto con cabalos.

A ecoterapia refírese á mellora da saúde a través da interacción coa natureza.

Desde a Fundación Eomaia, consideramos necesario atender a todos os factores que inflúen no estado óptimo de saúde; á súa vez, a natureza contén en si mesma moitos beneficios que repercuten na mellora do benestar das persoas.

A interacción cos cabalos na súa contorna natural, proporciónanos unha oportunidade excepcional para adquirir novas formas de recoñecer e aprender recursos a aplicar na nosa vida diaria.

A interacción coa Contorna natural axuda a:

· Mellora o Sistema Inmune.
· Reduce o estrés.
· Serve de apoio a tratamentos para a depresión, obesidade, TDH …
· Diminúe a tensión sanguínea.
· Reduce enfermidades cardiovasculares.
· Reforza lazos grupais.
· Mellora a capacidade cognitiva.
· Serve de apoio á mellora da creatividade.
· Facilita a resolución de problemas. Mellora a psicomotricidade.

Os cabalos desde a súa sensibilidade e presenza incondicional acompáñannos sen xuízo. Fan de espello, captando os nosos sentimentos e reaccionan en relación a iso, polo que supoñen de gran axuda para entrar en contacto co noso interior.

O desenvolvemento persoal consiste en coñecer as nosas cualidades e formas de actuar, conectando coas emocións e deixándoas fluír.

Vivenciar este tipo de experiencia cos cabalos dános a posibilidade de comprender mellor o noso funcionamento sobre como nos comportamos e comunicamos. Este autocoñecemento emerxe dentro dun clima de confianza e seguridade, explorando e compartindo as sensacións que xorden durante a sesión.

A sesión desenvólvese de forma individual ou en grupo, os exercicios realízanse maioritariamente pé a terra. Trátase de observar o desenvolvemento da proposta a realizar xunto co animal, sen cabida a xuízos ou críticas para ver como reaccionamos diante de determinadas situacións. A persoa facilitadora supón un apoio para contactar coas emocións que xorden e para que cada cal perciba o paralelismo entre a experiencia vivida e as situacións da súa vida.

A posta en contacto coas nosas emocións, recoñecéndoas para poder xestionalas, axúdanos a alcanzar a confianza e autoestima necesaria para ser conscientes dos nosos recursos e limitacións para afrontar as decisións e situacións da vida diaria.

 

Estas son as actividades relacionadas co a Natureza que ofrecemos

DÍA NA NATUREZA

Trátase de desfrutar dun día completo , con diferentes actividades acompañados polos facilitadores na mañá e pola tarde adicarse a pasalo ben no espazo libremente cos nenos.

  • Benvida – presentación
  • Paseo de recoñecemento dos espazos da finca (aprox. 1 hora), con recolección de plantas silvestres.
  • Unha vez rematado o paseo, farase unha división por grupos para facer rotacións ó longo da mañá, as diferentes propostas de actividades:
  •    Tiro con arco
    • Contacto con cabalos
    • Horta: plantas medicinais.
    • Arte na Natureza.  Propostas artísticas de expresión musical, danza, o con pintura e barro.
  • Tarde: libre para o desfrute do espazo.

Que queremos conseguir con esta actividade?

Utilizamos o xogo como medio específico de interacción entre os membros da familia, co cal o traballo en grupo resulta altamente gratificante. O que conseguimos é beneficios a nivel de unión, reforzo da auto-estima, desenvolvemento psicomotor, cognitivo, afectivo e social.

O DÍA DE ……

Durante todo o ano existen unhas determinadas datas nas que se poden propor actividades específicas por temáticas, como

Do sabugueiro: aproveitamos o súa abundancia na finca, para dar a coñecer todos os usos e aplicacións das múltiples propiedades desta planta.

Recoñecemento de plantas silvestres comestibles: as plantas silvestres teñen moitas propiedades que se poden aproveitar dende o punto de vista medicinal e culinario polo que saber identificalas e un punto clave para que a poboación poda introducilas no seu día a día.

A arte na natureza, pintura, cestería, modelado en barro con propostas definidas para dispoñer da arte como terapia de benestar.

Recollida de landras: a abundancia de carballos permítenos acceder ao seu froito: a landra que ten a posibilidade

ACTIVIDADES CON CABALOS

O día a día do cabalo:

amosar e introducir aos participantes á rutina dos cabalos: dar comidas, limpeza de cascos, cepillado, poñer cabezada e levar polo ramal.

Primeiro contacto co cabalo:

destinado a usuarios que non tiveron a oportunidade de interactuar con cabalos. Como comportarse con cabalos, paseo con eles pola finca e zonas de bosque dos arredores, posibilidade de montar.

Perderlle o medo ao cabalo:

Unha sesión de acercamento aos cabalos, falando das súas necesidades, comportamentos e como comportarse arredor dos cabalos, respectando o ritmo dos participantes

Brunch na seara:

Con opción a traer comida da casa como adquirila na seara, e pasar unha xornada con diferentes propostas neste entorno natural coa compaña dos cabalos

LOCALIZACIÓN FINCA A SEARA

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This