Proxecto Finca a Seara

Finca A Seara débelle o seu nome a toponimia do lugar; campos traballados entre os veciños, este sentido de traballo en comunidade é a esencia deste proxecto.

Cada membro do equipo é unha peza imprescindible para que poidamos levalo adiante.

A chegada das eguas as nosas vidas levounos a buscar o espacio máis adecuado para a súa saúde. Esta contorna, antiguamente adicada a prantación de centeo e millo pola veciñanza, ficou esquecida coa emigración do rural, dando paso o longo dos anos a bosques de carballeiras e prados, que pouco a pouco, fomos recuperando habilitándoo para pasto, dándolle unha nova vida a esta paraxe singular.

O trato diario cos cabalos levounos a experimentar e descubrir todo o potencial terapeútico e de lecer que tíñamos diante. Xunto a restauración e revalorización do entorno (algo fundamental) é o bienestar animal, o trato repetuoso baseado na fisioloxía dos equinos é un dos pilares fundamentais deste proxecto e do resto de actividades que derivan da relación cos cabalos

Nesta combinación de equinos e natureza ofertamos unha variedade de propostas e actividades de lecer e terapeúticas para todo tipo de públicos.

¿Qué ofrecemos nos centros Eomaia?

Na fundación Eomaia, a través do proxecto Finca a seara aportamos actividades como:

  • Actividades na natureza.
  • Cursos e obradoiros de prantas mediciñais.
  • Actividades con animais.
  • Equinoterapia

Se queres facer unha consulta, por favor contacta connosco.