HISTORIA

A miña nai estivo no comezo da miña vida e eu estiven con ela cando se despediu na súa morte. Isto significou na miña vida toda unha revolución, a súa última lección foi decisiva en todo o que ten que ver coa miña inspiración ao fundar Eomaia. O que sentín non ten palabras, simbolizó a unión do principio e a fin. A miña nai revéloume, chea de amor, a súa profunda natureza.

Cando me chamaron para acompañar o parto de Lira, atopábame á beira do meu pai, eran os seus últimos días. Fíxome vibrar a súa expresión e sentín a súa felicidade porque acompañase ese nacemento. Morreu o 8 de Xaneiro do 2008 dous días despois doutro nacemento que tamén acompañei, días nos que me atopei na porta de entrada e saída da vida. Co diñeiro que me deixou fundei Eomaia.

Eomaia naceu, cando José naceu, o meu pai era como un fénix, era fillo póstumo, o seu pai morreu 5 días antes do seu nacemento, a miña avóa viuda de 23 anos sentiuse arrasada e pariu prematuramente. Cando naceu José deixárono nunha esquina porque estaba morado e aparentemente morto, foi a miña tía avóa Rosa a que sentiu que aquel bebé daba sinais de que quería vivir. Envolveuno e comezou a latexar. Chegou a ser un home grande e forte, un superviviente. Aprendeu desde moi novo a poñer inyecciones, a suturar, a curar quemaduras entre a xente máis humilde. Foi un home de éxito nos negocios e recoñecido polo seu xeneroso corazón.

Lucía e José son unha historia máis, nin a única nin a máis importante.
Eomaia é un eslabón máis, nin o único nin o máis importante.
Eomaia leva máis de 10 anos facendo o que sente que pode ofrecer.

O que hai detrás de Eomaia pasaría por definir unha chea de circunstancias, experiencias, vivencias, coñecementos….que teñen que ver con nos, e beben nas fontes do instinto de conservación, de respecto á saúde e ao benestar propio e o de todos os seres, humanos, animais, vexetais, minerais…fundamentais para a vida en harmonía na procura da felicidade común.

Moitos bos resultados, bebés nados e mortes acompañadas con respecto e amorosidad en espazos protexidos. Intentos errados. Actividades, crecemento, acompañamiento que nos mostra día a día o que necesitamos mellorar, cambiar ou desenvolver das nosas actividades e propostas. Moito amor recibido e entregado. Persoas que sumamos.

Resistencia e confianza no que facemos. A certeza da oportunidade que aproveitamos con moita dedicación.

 

Orgullo Tolo!

Orgullo Tolo!

A toleima okupa a rúa 29 de maio de 2021, as 18:00 horas, praza do toural, Santiago de Compostela Programa de radio:

leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Comparte