HISTORIA

A miña nai estivo no comezo da miña vida e eu estiven con ela cando se despediu na súa morte. Isto significou na miña vida toda unha revolución, a súa última lección foi decisiva en todo o que ten que ver coa miña inspiración ao fundar Eomaia. O que sentín non ten palabras, simbolizó a unión do principio e a fin. A miña nai revéloume, chea de amor, a súa profunda natureza.

Cando me chamaron para acompañar o parto de Lira, atopábame á beira do meu pai, eran os seus últimos días. Fíxome vibrar a súa expresión e sentín a súa felicidade porque acompañase ese nacemento. Morreu o 8 de Xaneiro do 2008 dous días despois doutro nacemento que tamén acompañei, días nos que me atopei na porta de entrada e saída da vida. Co diñeiro que me deixou fundei Eomaia.

Eomaia naceu, cando José naceu, o meu pai era como un fénix, era fillo póstumo, o seu pai morreu 5 días antes do seu nacemento, a miña avóa viuda de 23 anos sentiuse arrasada e pariu prematuramente. Cando naceu José deixárono nunha esquina porque estaba morado e aparentemente morto, foi a miña tía avóa Rosa a que sentiu que aquel bebé daba sinais de que quería vivir. Envolveuno e comezou a latexar. Chegou a ser un home grande e forte, un superviviente. Aprendeu desde moi novo a poñer inyecciones, a suturar, a curar quemaduras entre a xente máis humilde. Foi un home de éxito nos negocios e recoñecido polo seu xeneroso corazón.

Lucía e José son unha historia máis, nin a única nin a máis importante.
Eomaia é un eslabón máis, nin o único nin o máis importante.
Eomaia leva máis de 10 anos facendo o que sente que pode ofrecer.

O que hai detrás de Eomaia pasaría por definir unha chea de circunstancias, experiencias, vivencias, coñecementos….que teñen que ver con nos, e beben nas fontes do instinto de conservación, de respecto á saúde e ao benestar propio e o de todos os seres, humanos, animais, vexetais, minerais…fundamentais para a vida en harmonía na procura da felicidade común.

Moitos bos resultados, bebés nados e mortes acompañadas con respecto e amorosidad en espazos protexidos. Intentos errados. Actividades, crecemento, acompañamiento que nos mostra día a día o que necesitamos mellorar, cambiar ou desenvolver das nosas actividades e propostas. Moito amor recibido e entregado. Persoas que sumamos.

Resistencia e confianza no que facemos. A certeza da oportunidade que aproveitamos con moita dedicación.

 

PROXECTO DIME

PROGRAMAS GRUPOS DE APOIO MUTUO. PLAN XERAL DE AUTONOMÍA E ORGANIZACIÓN DO LECER PARA PERSOAS DISFUNCIONAIS ADULTAS DURANTE FINS DE SEMANA. SECTOR PRINCIPAL Persoas sensibles á perda de saúde mental. Cidadanía en xeral. FUNCIÓN PRINCIPAL Acompañamento. SITUACIÓN...

leer más

PROXECTO CRIADEIRA

PROGRAMAS CONCILIACIÓN FAMILIAR. ESPAZOS EN FEMININO. GRUPO DE CRIANZA. II CONGRESO “PARTO DE MIN” VINDICACIÓN DOS DEREITOS DO PARTO SECTOR PRINCIPAL Cidadanía en xeral. FUNCIÓN PRINCIPAL Estudo sobre o parto desde unha perspectiva social, política e profesional....

leer más

Proxecto FINCA DE “A SEARA”

PROGRAMAS PROGRAMA DINAMIZACIÓN COMUNITARIA PROGRAMA “VOLUNTARIADO AMBIENTAL” PROGRAMA “CONCILIA” SECTOR PRINCIPAL Cidadanía en xeral. FUNCIÓN PRINCIPAL Promover a realización de actividades culturais, artísticas e expresivas como canle de mellora e cohesión. Saúde,...

leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies