I Certame Arte Postal «En Feminino»

 

Bases do I Certame Arte Postal

“EN FEMININO”

 Con motivo da celebración do Día contra as violencias de xénero e o Día da Muller traballadora, a fundación EOMAIA convoca o Primeiro Certame de Postais sobre o papel da muller na sociedade que se rexerá baixo as seguintes bases:

1.Poderán concursar todas as persoas maiores de idade que o desexaren ou as menores con autorización expresa de quen posúa a custodia legal, de todas as nacionalidades e calquera parte do mundo.

2.Os traballos  xirarán sobre a temática do Papel da Muller en todos os aspectos da vida e deberán ser orixinais e inéditos.

3.Os traballos terán un formato tamaño postal coas medidas mínimas de14x 9.e máximas de 23,5 x 12cm

4.Cada persoa poderá enviar un único traballo. O envío farase á dirección postal Pza. Maior 45, baixo. Deberá figurar como asunto:Primeiro Certame de postais “En femenino” e acompañaranse do documento de autorización no caso dun menor de idade. Os traballos poderán ser realizados en técnica libre sempre que se axusten ao formato das medidas establecidas,

5.Os traballos serán enviados desde as cero horas do día 25 de novembro do 2020 ata as 24 horas do día 28 de febrero de 2021.

6.Os traballos recibidos serán expostos nas instalacións da Fundación EOMAIA, Pza Maior 45, baixo, Ponteareas do 5 ao 8 de marzo de 2021. Posteriormente, a partir do 9 de marzo de 2021,  realizarase unha exposición itinerante con todas as postais recibidas por diferentes centros de ensino e locais culturais do térmo municpal de Ponteareas e Covelo, e aqueles que fagan solicitude previa..

7.De acordo coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos dos e das participantes serán tratados de xeito confidencial co fin de garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, a súa honra e intimidade persoal.

8.O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das súas bases.

 

Fundación EOMAIA  Ponteareas 18 de Novembro de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies