DENOMINACIÓN DO PROXECTO
PROXECTO: “A TRIBO VEDRAÑA” do PROGRAMA “A BOA MORTE” de FUNDACIÓN EOMAIA. SUBVENCIONADO POLA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Proxecto de desenvolvemento comunitario co fin de afrontar a morte dignificando o final da vida e reflexionar, falar e planificar en vida decisións, desexos e vontades.
FUNDAMENTACIÓN OU XUSTIFICACIÓN
O proxecto “Tribo Vedraña” parte da comunidade para dar servizo á comunidade. Crecer na confianza de que somos persoas capaces de tomar as rendas, de dar atención en circunstancias de enfermidade avanzada e nas fases finais da vida ata a morte, mediante a prestación de coidados, o acompañamento e o uso da información en beneficio dunha morte
elixida, decidida e respectada.

O acompañamento á morte comeza cando a persoa necesita compañía para transitar o seu proceso de morte, non ten un tempo definido, senón que responde a unhas necesidades persoais que poden prolongarse durante anos, nos que é habitual que nos vexamos abocados a afrontar problemas sociais, estigma, soidade, illamento, discriminación, depresión, ansiedade, esgotamento, etc.
A compaixón pode ofrecernos unha experiencia valiosa e significativa que mellore a convivencia e reforce vencellos entre as persoas.
Os medios dos profesionais sanitarios son insuficientes, debido a que se ocupan de curar e preservar a vida. Un soporte social e comunitario pode colaborar e estar moito máis preto de proporcionar a comprensión para vivir o final da vida e a morte sen entrar en contradicións de tipo profesional que son orixe de conflitos nun momento de moita vulnerabilidade.
OBXECTIVOS
Cultivar persoal e socialmente unha comprensión que nutra a idea da morte como feito inevitable, en pos de crear unha comunidade consciente e activa para atopar novas formas de acompañar e vivir a morte.
METODOLOXÍA EMPREGADA
Participativas
Por medio de dinámicas grupais, que animen e fomenten que as persoas se apropien do tema e contribúan coas súas experiencias.
Artísticas
A expresión artística como estratexia de autocoñecemento, mellora da comunicación e dinamización.

A arte é un medio de expresión que acompaña, que nos descobre, un proceso no que a creación é un descubrimento, algo imprevisible, como a morte.
Activas
Capaces de involucrar ás persoas que participan para que, de feito, se convertan en protagonistas do proceso de construción do coñecemento de seu, baseándonos menos na transmisión de información e máis no desenvolvemento de habilidades.
Persoal
Escoita activa, presencia consciente, compromiso.
ACCIÓNS ESPECÍFICAS DO PROGRAMA
Accións de sensibilización en centros de día e residencias.
Dirixidas a profesionais que actualmente traballan en residencias y centros de día, así como a familiares implicados. Conferencias e talleres sobre a morte e o final da vida.
Accións comunitarias.
Dirixidas a persoas que están na etapa final da vida en residencias e centros de día. Actividades de arteterapia coa comunidade de persoas que comparten as residencias e centros de día.
Accións de documentación
Coa documentación fotográfica das diferentes actividades que se leven a cabo: divulgativas, formativas, creativa…, crearase un fondo de imaxes que servirá como rexistro e memoria das actividades e accións realizadas. Ademais, unha escolma dese fondo fotográfico será recollida nunha publicación en A5 a color, unha ferramenta valiosa para campañas de concienciación social así como para a promoción, divulgación e publicidade de actividades no futuro.
Proxecto fotográfico retrato creativo fin de vida (A IMAXE DA MIÑA MORTE). Ante o tabú que supón actualmente a morte e a dificultade para facer un achegamento consciente a ela, propomos unha actividade artística, a modo de exercicio lúdico, que sirva para acercarnos ao noso propio fin de vida, visibilizalo e visibilizarnos, abrindo así un espazo onde facer unha reflexión relaxada sobre o que significa a morte para cada persoa e como nos gustaría vernos cando chegue o momento.
Os retratos resultado desta actividade farase unha exposición itinerante polos concellos da contorna.
ÁMBITO TERRITORIAL DE ACTUACIÓN
Concellos de Vigo, Ponteareas e Covelo, provincia de Pontevedra.
VALORACIÓN DOS RECURSOS DE ACTUACIÓN
Recursos humanos:
- PATRICIA ÁLVAREZ LOUREIRO. (FORMACIÓN)Fisioterapeuta, osteópata sacro-craneal e biodinámica.Coordinadora da Finca Da Seara e membro da Fundación Eomaia.
- MAR LÓPEZ. (FORMACIÓN)
- Presidenta da Fundación Vivir un Buen Morir. Dra docente Programa Formativo
- VBM e máster en Saúde Mental, Univ. León. Instrutora zen e mindfulness MBTB.
- CRISTINA ROCHA. (FOTOGRAFA)
- Fotógrafa freelance. Máster en Fotografía documental.
- Voluntaria na India da Ong Semilla para el Cambio, do 2016 ao 2020.
- Con formación no Acompañamento Contemplativo na Morte polo Instituto Nirakara e pola Fundación Eomaia.
- DONATIENNE THEYTAZ. (ARTETERAPEUTA- VOLUNTARIA)
- Voluntaria no proxecto TRIBO VEDRAÑA (A Boa Morte) da Fundación Eomaia desde 2021.
- CRISTINA CARBALLIDO QUINTEIRO. (VOLUNTARIA- LABORES DE APOIO)
- Voluntaria no proxecto TRIBO VEDRAÑA (A Boa Morte) da Fundación Eomaia desde 2021.
- LUCÍA GONZÁLEZ VICENTE. (ELABORACIÓN E COORDINACIÓN DO PROXECTO. FORMACIÓN.)
- Coordinadora do programa, administración de recursos e presidenta de Fundación Eomaia.
- Arteterapeuta.
ENTIDADES COLABORADORAS




