Natureza, Arte e Saúde Mental

No decurso do ano 2020 levamos adiante o programa do Grupo de Apoio Mutuo de Diversidade Mental (DIME), un programa de voluntariado acollido ás subvencións para Entidades  de Acción  Voluntaria  de  carácter  privado  para  o  fomento  e  a realización  de actividades de voluntariado.

A  experiencia  conseguida  durante  o  desenvolvemento  do  devandito  programa  aléntanos  a emprender a continuación na que engadimos o programa de natureza, lecer e tempo libre de Finca da Seara, proxecto que forma parte do programa da Fundación Eomaia.

Ambos os proxectos GAM – DIME e A SEARA forman parte do plan de actuación da fundación Eomaia desde 2019, dándolle corpo a un proxecto que encaixa na liña VI de actuacións destinadas ao voluntariado co código de procedemento BS623.
Poñendo en práctica inversións en:

-Actuacións de promoción da acción voluntaria para fomentar a participación activa das persoas  voluntarias  en  entidades  de acción  voluntaria  cun  programa  dirixido  a  impulsar  a participación como persoas voluntarias de colectivos que pola súa  específica experiencia vital poidan contribuír cunha importante achega á esfera cotiá doutros colectivos con necesidades sociais particulares.   Posto que se desenvolve mediante a intervención con persoas e a realidade social, fronte a situacións de sufrimento por episodios de perda temporal de saúde mental que provocan privación de dereitos e oportunidades.

Contextualización.

ANTECEDENTES E DETECCIÓN DE NECESIDADES.
De sobra é coñecida a contribución do lecer na natureza ao benestar humano. Vivimos nunha sociedade cada vez máis afastada dos ciclos vitais e dos recursos naturais da nosa contorna. Esta alienación chega a tal punto que se recoñecen termos como “síndrome de déficit  de  natureza”  (Louv  2008)  ou  “ecofobia”  (Sobel  1996)  para  expresar  a  falla  de contacto co medio natural que vimos sufrindo nas derradeiras épocas. Ademáis, a perda de manifestacións de afecto e achegamento físico, produto de circunstancias puntuais, resta posibilidades de saúde a persoas de todas as edades, xa de por si sensibles á perda temporal de saúde mental, polo que a posibilidade de encontros ao aire libre na natureza pode paliar en parte as devanditas carencias e atrancos.
Por iso, este proxecto quere sumar os conceptos de saúde, lecer e natureza.
En conclusión, dende un punto de vista terapéutico, o contacto coa natureza:
1º Inflúe positivamente no funcionamento do corpo e mente, rexenera as células neurais na rexión do hipocampo mellorando as habilidades cognitivas como a  memoria e a aprendizaxe.
2º Reduce a negatividade.
3º Incentiva a creatividade – Segundo un estudo realizado por Ruth Ann Atchley e David L. Strayer, o forest bathing (baño de bosque) incrementa a creatividade na resolución de problemas complexos ata un 50 %; isto é, estar en contacto coa natureza e en ausencia de tecnoloxías permite centrar a nosa completa atención e enfoque naquilo que nos pode estar a perturbar. Noutras palabras, reduce a fatiga mental, calma a mente e incrementa a creatividade.
4ºDomina o trastorno de déficit de atención.
5ºEstimula a capacidade intelectual. Ademais de queimar calorías, correr polo bosque axuda a manter as células nutridas e sans, mellora a actividade cognitiva e a memoria.
6º É altamente recomendable como tratamento de apoio para casos de estrés, ansiedade e depresión.
O trato que as persoas que sofren ou sufriron por perda de saúde mental reciben coa asistencia sanitaria non abonda para crear un contexto de coidado e atención na vida cotiá. As familias reciben un gran impacto e é o único recurso social que teñen a maioría destes pacientes. Por isto, son necesarios apoios específicos para a contorna máis achegada, como programas de axuda mutua ou intervención familiar.
“As familias e os amigos son un elemento clave na recuperación da saúde mental”.
Eomaia, consciente desta situación e consecuente cos seus principios e fins estruturais, pon en marcha  este programa  de voluntariado no  que as  persoas sensibles ao  dano  mental que integran o colectivo DIME podan crear un proxecto máis amplo na natureza onde nutrirse, sandar e disfrutar dela, facendo partícipe a toda a poboacion, ao mesmo tempo que fomente a información verídica de cales son as necesidades e as solucións que o colectivo DIME propón dende o acompañamento, e poñelo ao alcance de todas as persoas da sociedade.
Levarase a cabo nos concellos de Covelo, Ponteareas e Vigo na provincia de Pontevedra e o de Mondoñedo en Lugo, sen descartar a chegada ás outras provincias de Galicia en programas de divulgación e información.

Xustificación.

A  creación  dos  Grupos  de  voluntariado  con  persoas  que  son  expertas  por  experiencia  na Diversidade Mental é unha fonte de coñecemento para toda a sociedade para socializar comportamentos ocultos detrás de barreiras de medo e prexuízos. Acompañar persoas que  sufren pola perda temporal de saúde mental é unha laboura que pode ser unha fonte de aprendizaxe para que toda a sociedade comprenda e participe desenvolvendo cualidades humanas de gran valor como a solidaridade e a empatía.
E tamén para fornecer no terreo do social actividades e encontros de soporte afectivo emocional ás familias e amigos das persoas sensibles á diversidade mental.
Este proxecto é a continuación dos Grupos de Apoio Mutuo para persoas con Diversidade Mental xerados na actuación do 2020.  Nun primeiro paso, era necesario visibilizar en primeira persoa a experiencia de quen está pasando ou superou un problema de saúde mental, e agora toca darlle un pulo para lograr a participación do colectivo DIME como apoio e dinamizador de grupos máis amplos nun espazo protexido como é a Finca de A Seara en Covelo, ofrecendo un entorno natural para mellorar a calidade de vida e promovendo a inclusión e a participación para unha maior cohesión e xustiza social.

Obxectivos.

  • Colaborar na construción dunha sociedade na que a diversidade mental sexa concibida como un aspecto máis da nosa identidade para superar prexuízos que provoquen sufrimento e perda de dereitos fundamentais.
  • Atopar outras solucións para apoiar ás persoas inmersas en circunstancias de sufrimento pola perda dos dereitos ou a dignidade por mor das súas condicións de diagnóstico mental.
  • Promover a realización de grupos de axuda mutua en saúde mental.
  • Ofrecer respaldo mutuo.
  • Chegar ás persoas que se atopen en situación de desamparo, maltrato ou marxinación por causa de dano e malestar na saúde mental.
  • Acompañar ás familias que viven condicionantes relativos a depresión, obesidade, anorexia, booling, TDH en nenos/as e adolescentes.
  • Promover e fortalecer o voluntariado entre as persoas con Diversidade Mental.
  • Validar a axuda que fornecen as persoas con experiencia en episodios de dano na saúde mental como unha vía de comprensión cara outras que pasan por semellantes circunstancias.
  • Realizar cursos de formación e empoderamento para as persoas con Diversidade Mental, familiares e colectivos de profesionaís e sanitarios que podan estar interesados por outra forma de atopar solucións.
  • Ofrecer esperanza e axuda na recuperación ás persoas que agora mesmo están a atravesar un período complicado.
  • Acompañar e coidar das persoas que necesiten axuda, por encontrarse en risco de sufrir dano, en períodos de crise, internamento ou final de tempadas de internamento.
  • Reforzar os lazos grupais.
  • Fornecer espazos para o encontro, intercambio e colaboración das persoas involucradas nos programas.
  • Promover a  realización  de  actividades  culturais,  artísticas  e  expresivas  como  canle  de mellora e cohesión.
  • Mellorar a capacidade cognitiva.
  • Apoiar a creatividade.
  • Favorecer a elaboración de propostas multi e interdisciplinares que non desatendan a voz narrativa das persoas que viven situacións de sufrimento psíquico.
  • Documentar a información das persoas con experiencias en internamentos sobre cales son as carencias e as necesidades que poden terse en conta para a mellora dos servizos de saúde neste eido.
  • Visibilizar en primeira persoa a experiencia de quen está a pasar ou superou un problema de saúde mental como fonte de coñecemento e motor de transformación social.

Contidos.

Espazos dinámicos de reunión nos que conversar e compartir experiencias relacionadas coa diversidade mental.
Espazos de coidado e atención ás familias con nenos/as ou adolescentes que sufren por perda temporal de saúde mental.
Encontros  na  Finca  da  Seara  en  Covelo,  espazo  xestionado  pola  fundación  Eomaia,  no  que realizaremos a maior parte das actividades posto que é un esteo imprescindible para recibir os beneficios que a natureza aporta ao benestar das persoas e a súa saúde física, emocional e mental. Comidas comunitarias.
O emprego das experiencias en primeira persoa como marco de referencia primordial, tanto por parte de persoas que sufren ou sufriron por danos no benestar mental como por profesionais e familiares directamente implicados coas devanditas persoas.
Actividades que a Fundación Eomaia desenvolverá durante o ano 2021 abertas a todas as persoas que queiran asistir aínda que non formen parte do programa de voluntariado en saúde mental e que queiran disfrutar e integrarse nelas, impartidas por integrantes do proxecto de voluntariado.
Uso do local da Praza Maior nº 45 en Ponteareas de balde para actividades e xuntanzas. Reunións na AAVV do Calvario os segundos e cuartos xoves de mes de 18 a 20 horas.
Teléfono de contacto cun grupo de WhatsApp que integre a todas as persoas ligadas ao proxecto. Número de teléfono de urxencias para que poida recoller as chamadas de auxilio que poidan xerar crises por dano ou sufrimento mental.
Apoio ás persoas ingresadas por medio de visitas periódicas e contacto por teléfono ou correo.
Apoio ás familias de persoas en período de crise, dano ou sufrimento mental co acompañamento presencial, por teléfono ou por calquera medio electrónico que sexa posible (skype, vídeo chamada…)
Axuda a profesionais e sanitarios coa comunicación de experiencias persoais para que enriquezan o seu abano de recursos no coidado e atención a persoas que sufren ou sufriron polo dano na saúde mental.
Actividades de convivencia entre profesionais e persoas que sufren ou sufriron por causas de perda de benestar mental.

Destinatarios/as.

  • Os servizos ofertados están pensados para:
    Familias, que poidan gozar de actividades ao aire libre ou de aprender xuntos tarefas que poidan resultar gratificantes e máis concretamente, familias nas que un ou máis dos membros que as conforman sexan sensibles á perda de saúde mental, dende nenos pequenos ata avós de 99 anos.
    Grupos de persoas que formen parte doutros colectivos máis amplos como colexios, institutos, persoas con outras capacidades, diversidade mental, anciáns. Sen rango na idade.
    Grupos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión sensibles que sufran ou sufrisen no pasado episodios de perda de saúde mental.
    Grupos de adultos. As dinámicas grupais son ideais para colectivos de adultos: amigos, compañeiros de traballo, veciños ou persoas que non se coñezan entre si pero que buscan unha forma diferente de divertirse e traballar en grupo, etc. As idades oscilarían entre os 18 e os 99 anos.
    Persoas individuais, que desexan facer actividades nunha forma recollida e íntima.
    En termos xerais, o perfil sería: persoas que queiran gozar do campo, dos cabalos e da vida en natureza, aprender coñecementos novos e que desexen realizar un cambio na súa consciencia e vida.
    As actividades que ofrecemos en familia están enfocadas a:
    –     Dispoñibilidade emocional- estar presente emocionalmente para a familia.
    –    Compartir afectivamente- responder xuntos a estímulos externos novos. Adquirir un mellor coñecemento das propias emocións e identificar as necesidades dos demais.
    –     Acompañamento de voluntarios expertos por experiencia en perda temporal de saúde
    mental que poden traducir a linguaxe sensible e facilitar a comunicación entre as persoas que viven nestas circunstancias.
    As dinámicas grupais tratan de actividades ou vivencias que se realizan en grupo (mínimo de 10 persoas).
    Os exercicios ou actividades teñen como finalidade:
    –    Axudar ás persoas a gañar consciencia sobre como se definen e actúan na vida, ben sexa cara ao exterior ou con un mesmo. Un ollar os meus pensamentos, necesidades e sentimentos.
    –    Invitar ás persoas a saír da súa zona de confort, que é onde teñen os seus patróns de comportamento automatizados e polo tanto invisibles, para entrar en novas formas de actuación que lles poidan aportar cousas novas e valiosas para o seu equilibrio.
    –    Prestar atención ao “aquí e agora” que permita deixar atrás comportamentos e fixacións que xeran algunha clase de conflito.
    Dinámicas individuais. Para todas as persoas. Todas as persoas poden concertar citas individuis onde realizarán actividades acordes ao noso programa.
    Ademáis de:
    Persoas que sufren por dano e perda temporal de saúde mental.
    Persoas en risco de sufrir por dano, malestar e perda temporal de saúde mental. Persoas con experiencias por dano e perda temporal de saúde mental. Familiares e achegados de persoas que sufren pola diversidade mental.
    Profesionais  abertos  a  recibir  experiencias  en  primeira  persoas  que  podan  enriquecer  os  seus criterios de coidado e atención.
    Todas as persoas da sociedade, xa que o coñecemento das particularidades das experiencias destas persoas servirannos para enriquecernos en factores humanos de gran valemento, como a solidariedade e a empatía.
    Persoas con experiencias en dano e perda temporal de saúde mental que queiran formarse como voluntarios no acompañamento a colectivos e persoas con necesidade de apoio e axuda.
    Prestación de servizos asistenciais de acompañamento a persoas que sufren ou sufriron por perda de saúde mental e tamén a familias nas que conviven con menores ou adolescentes con problemas relacionados coa mesma causa.
    Os servizos que presten as persoas terán carácter voluntario. O equipo estará composto por persoas con experiencia en perda de saúde mental, familiares, amigos/as e calquera persoa sensible que queira formar parte del e que previamente asista ás charlas informativas-formativas que a fundación Eomaia realiza para aumentar a calidade no servizo de voluntariado.

Formación
Cursos para ás persoas voluntarias comprometidas co proxecto: continúa a formación impartida por
Manuel Castro Soto.
Psicólogo.
O acompañante terapéutico.
Espazo que facilitará a toma de conciencia sobre a necesidade de aprender ou fornecer os recursos e competencias de auto-coidado persoal, principalmente necesario para as persoas implicadas  en actividades relativas ás relacións humanas.
Miguel Salas Soneira
Profesor colaborador
Estudios de Psicología y Ciencias de la Educación.
Universitat Oberta de Catalunya.
A construción social da loucura.
Isabel Alonso Iriarte
Psicóloga Clínica.
Os 5 piares do benestar. Modelo Perma. Bailando en armonía coas nosas relacións.

Actividades.

Baños de bosque

Un baño de bosque é un somergullo na natureza durante a cal espertamos os sentidos e ralentizamos
o ritmo co fin de fortalecer a saúde mental e física.
Trátase dunha experiencia eminentemente sensorial que nos permite conectar coa contorna e connosco mesmos mentres observamos o que nos rodea, gozamos do silencio e dos sons naturais, tocamos, cheiramos, sentimos.
A práctica é axeitada para todo o mundo e non se require unha condición física específica. A duración é de dúas horas e media e percórrese menos dun quilómetro.
O guía acompaña aos participantes durante todo o proceso: Unha primeira fase de «entrada» na natureza e relaxación.
O cerne da experiencia, a proposta dunha serie de actividades coas que espertar os sentidos e restablecer a nosa relación coa natureza.
A fase de peche do baño de bosque e «saída».
En diferentes momentos, ofrécese a posibilidade de compartir, se a persoa participante o desexa, a experiencia propia co grupo.
Responsable da actividade, Celine Renee Jacky Girardon. Guía de Baños de Bosque certificada polas tres institucións máis importantes na materia (Forest Therapy Institute, Deutsche Akademie für  Waldbaden  e Association  of  Nature  &  Forest Therapy-ANFT).  Formadora Apprentice  nas certificacións impartidas polo FTI en España e Chile en 2019.

Interacción con cabalos

A interacción cos cabalos na súa contorna natural, proporciónanos unha oportunidade excepcional
de acadar novas formas de recoñecer e aprender recursos para levar á nosa vida cotián.
Para relacionarnos entre humanos, valémonos da razón, a intelixencia, a aparencia, a palabra; cos cabalos, isto non nos serve. É a nosa esencia a que catan, a nosa actitude diante deles; acompañarannos pola autenticidade que mostremos, pola nosa naturalidade e respecto. Eles baséanse na linguaxe non verbal captando as nosas emocións. Os cabalos, desde a súa sensibilidade
e presenza incondicional, acompáñannos sen xuízo. Fan de espello, perciben os nosos sentimentos e reaccionan en relación a iso, polo que supoñen unha gran axuda para entrar en contacto co noso interior.
Esta experiencia facilita a conexión co noso corpo sendo conscientes doutra comunicación, aprender a ver, escoitar e sentir (empatía); axudándonos a estar presentes, sen etiquetas, aceptándonos como somos e permitíndonos desenvolver a nosa intelixencia emocional
Contido da proposta:
Coñecer como son e conviven as eguas.
Comprender as súas necesidades. Linguaxe equina.
Precaucións e seguridade.
Como comunicarnos e comportarnos.
Primeiros contactos: cepillado.
Observación da manada.
Actividades a pé de terra: levar polo ramal. Paseando pola finca.
Se elas o permiten, subirnos e seguir conectando.
Volta de novo aos pastos. Explorando os arredores.
Descubrir  un  novo  xeito  de  relacionarte  cos  cabalos,  abrindo  os  sentidos  e  gozando  da experiencia a través da empatía e conexión.
Responsables da actividade, Patricia Álvarez Loureiro Fisioterapeuta. Osteópata cráneo- sacral. Formación en coherencia cardíaca con cabalos. Membra dende o inicio do patronato da Fundación Eomaia e Catarina Crespo Cid. 31 anos. A pesares de criarme na cidade sempre amosei interese pola natureza e os animais. Dende xaneiro de 2019, deixei Vigo para comezar unha nova vida no proxecto de A Seara en Covelo, coas eguas.

Osteopatía biodinámica

En cada un de nós, existe a frecuencia do ritmo da vida, está presente as 24 horas do día. Pero por
circunstancias perdemos a sintonía deste ritmo: traumas físicos, emocionais, diferentes experiencias polas que pasamos, fan que nos distanciemos deste pulso vital. Este potencial está sempre á nosa disposición. Aínda que o ceo estea cuberto polas nubes, o sol sempre brilla a pesar que non o vexamos; o mesmo ocorre no noso sistema, o potencial de saúde está a actuar continuamente anque presentemos algunha problemática.
Por medio da interacción terapeuta-paciente, buscamos sintonizar de novo con esta frecuencia da saúde e todo o seu potencial. Este fluxo enerxético aparece de forma espontánea durante a sesión, pódese percibir como unha sensación de harmonía, momento de profunda conexión…, onde as portas da saúde están plenamente dispoñibles para que o corpo contacte coa sabedoría innata e sintonice co potencial de vida abarcando ao ser por completo, no plano físico, emocional e mental.
O terapeuta está nunha actitude aberta e de presenza auténtica. A través do tacto, escoita plenamente ao ser e as súas necesidades sen xuízos. Ao sentirse escoitado deste xeito, o corpo é capaz de sincronizarse por si mesmo no seu proceso de saúde, as distorsións que se manifestan por medio da enfermidade vense bañadas por este fluxo de vida.
A sesión discorre nunha contorna segura e confortable, temos ademais a oportunidade de facela ao aire libre, rodeados pola acolledora natureza do lugar.
Terá unha duración aproximada de 45 minutos. Nas horas seguintes xusto depois da sesión, é recomendable non facer grandes esforzos, dispoñer de tempo para descansar. Así, apoiaremos a estas forzas innatas do organismo para que sigan a exercer todo o seu potencial curativo.
Responsable da actividade, Patricia Alvarez Loureiro. Fisioterapeuta. Osteópata cráneo-sacral. Formación en coherencia cardíaca con cabalos. Membra dende o inicio do patronato da Fundación Eomaia.

Xogos con percusión

A música como instrumento de recoñecemento persoal e enriquecedor das nosas facultades .
Practicaremos   dinámicas   percusivas   con   múltiples   instrumentos   que   desenvolvan   a   nosa creatividade.
Faremos xogos rítmicos, xogos de voz e movemento, xogos de ambientes e xogos de cores e conceptos. Adaptaremos as actividades ao nivel que cada persoa precise e decida. Non existen esixencias, a liberdade e o nivel de participación decídeo cada un.
O obradoiro procura fomentar o desenvolvemento rítmico e sonoro tanto a nivel creativo como de execución. Traballaremos con instrumentos e con elementos alleos e tamén coa voz e o corpo como vehículo de creación. A práctica e combinación de diferentes técnicas e dinámicas seleccionadas móstranos coma un espello as nosas características persoais e facilita o noso recoñecemento emocional para finalmente enriquecer o noso sentido creativo e estético. Cada un de nós é único e especial.
Aprender xogando, disfrutar tocando.
Responsable da actividade, Xurxo Troncoso. Mestre de teatro e percusión latino/afro-brasileira.

Pintura na natureza

A pintura na natureza sitúanos no dentro e o fóra que se comunican a través da nosa ollada atenta, o
noso corazón receptivo e as nosas mans que expresan.
A experiencia da creación é única. O tempo en que a atención está posta no triángulo mans, corazón e sentidos é o que fai que a mente experimente, se faga receptiva ao que a expresión artística proporciona. O proceso persoal, o que transitamos neste momento, nesta respiración, recibe un impulso co beneficio da cor e as formas, da luz e o movemento, reflexado no papel ou na experiencia do volume.
A experiencia está aberta a todos/as, sen que sexa condición un don innato para a pintura ou o modelado. Todos/as o podemos facer.
Os materiais que imos utilizar son as acuarelas, o pastel e o carbonciño, así como o barro no caso do modelado, tendo en conta a cada persoa, grupo ou familia de xeito particular.
O tempo que a persoa se dedica a si mesma proporciona beneficios emocionais e acougo mental.
Obxectivos
Favorecer a atención e a concentración por medio do uso dos materiais e as cores.
Entretemento.
Autoestima.
Xerar colaboración, comunicación e diálogo.
Posibilidade de comunicar vivencias propias.
Xerar benestar e pracer nas tarefas propostas.
Responsable da actividade, Lucía González. Pintora, Arteterapeuta, Directora de Ocio e Tempo
Libre,. Fundadora e Presidenta de Fundación Eomaia

Labouras de mantemento e comidas comunitarias na Finca da Seara.

Traballo en equipo na natureza para manter a Finca da Seara nas mellores condicións para gozar dos seus beneficios, compartir esforzos e tamén xantares xuntas.
Responsables: Catarina Crespo Cid e Benjamin Jean Pierre Schmidt.

Escritura creativa.

Uso da escritura como vía de expresión.
Actividade facilitada por María Celeste Soler Vidal e Carlos Fernández Leal.

Respiración consciente

Ten como beneficios: O aumento da osixenación que produce a relaxación; vivir o Aquí e Agora; maior concentración; equilibrio e benestar persoal. “Ioga e polaridade. Espertar da confianza”, que nos fornecerá: confianza corporal, emocional e mental. Elasticidade e flexibilidade corporal. Maior auto-estima e confianza.
Actividade dirixida por Lorena Lago.

Teatro e vídeo

Como soporte e vía de transmisión da visión e experiencia das persoas con diversidade mental.
Responsable: Manuel Chapela Portela.

Fotografando a loucura

Exercicio de introspección no que experimentar a mirada interna exteriorizándoa. Exposición de 15 obras fotográficas.
Responsable, Sofía González Salgado.

II Xornada intensiva de formación e información.

8 horas.“Alimenta día a día o benestar do teu cerebro”.
Responsable da actividade, Marta Vázquez.

Recursos.

Recursos humanos propios da fundación Eomaia:
Catarina Crespo Cid.
Benjamin Jean Pierre Schmidt.
Xurxo Troncoso.
Patricia Álvarez Loureiro.
Miriam González Simón.
Nuria de Castro Celard.
Lucía González Vicente.

Persoal voluntario do programa de diversidade mental:
Galiza Quinteiro. Usuaria. Nai e profesora de italiano. Licenciada en filoloxía románica. Afeccionada á filosofía e á pedagoxía, nos últimos tempos interésase pola educación emocional coma eixo cohesionador da sociedade.
María Celeste Soler Vidal. Practicante de Chi Kung e escritura expresiva. Amante da terra e as prantas. Auxiliar de xeriatría e costureira. Interesada e coñecedora da alimentación enerxética.
Luísa Fernanda Trigo Necega. Colaboradora en movementos pro defensa dos dereitos de persoas psiquiatrizadas. Artista.
Ana Rosa López. Auxiliar clínica.
Jorge Moreiras. Cesteria en papel.
Carlos Ignacio Fernández Leal. 53 anos, nacín para axudar con xenerosidade aos demais, e tratalos como me gustaría que me tratasen a min. Son esixente coa miña bondade.
Rosa González Soliño. Auxiliar de enfermería con especialidade en psiquiatría.
Susana Seoane Veiras. Graduada en traballo social. Máster en xestión de servizos, dependencia e servizos sociais. Experta en PNL e liderado de equipos. Responsable de recursos de atención a persoas en situación de dependencia e discapacidade.
Colaboracións externas:
Manuel Chapela Portela. Educación social, master e experto en educación social e animación sociocultural pola universidade de Sevilla. Monitor de ocio e tempo libre. Fundador da compañía de teatro “De cada quen”. Director e guionista de teatro así como director e montaxe de curtas. Actor de series de televisión. Publicidade.
Marta Vázquez. Máster en Terapia Nutricional da Universidade de Londres.
Sofía Alvarez Salgado. Traballa como matrona dende o 2004 pero a súa pasión verdadeira é pensar en voz alta. Fotógrafa.
Celine Renee Jacky Girardon.  Guía de Baños de Bosque
Manuel Castro Soto. Psicólogo.
Lorena Lago. Instrutora de Ioga e meditación.
Persoal contratado:
Miguel  Salas  Soneira,  Estudos  de  Psicoloxía  e  Ciencias  da  Educación,  Profesor  colaborador
Universitat Oberta de Catalunya. Responsable da formación.
Isabel Alonso Iriarte. Licenciada en Psicoloxía. Psicóloga Clínica ABAP _Asociación Anorexia e
Bulimia de Pontevedra.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies