Abrimos as portas da finca para que poidades coñecer o lugar e as eguas que habitan nel, compartiremos o xantar e ofrecemos duas propostas para a xornada: arteterapia e xogos musicais, estaremos encantad@s de recibirvos neste marabilloso espacio
Na Finca da seara estamos especializados en Ecoterapia e contacto con cabalos.
A ecoterapia refírese á mellora da saúde a través da interacción coa natureza.
Desde a Fundación Eomaia, consideramos necesario atender a todos os factores que inflúen no estado óptimo de saúde; á súa vez, a natureza contén en si mesma moitos beneficios que repercuten na mellora do benestar das persoas.
A interacción cos cabalos na súa contorna natural, proporciónanos unha oportunidade excepcional para adquirir novas formas de recoñecer e aprender recursos a aplicar na nosa vida diaria.
A interacción coa Contorna natural axuda a:
· Mellora o Sistema Inmune.
· Reduce o estrés.
· Serve de apoio a tratamentos para a depresión, obesidade, TDH …
· Diminúe a tensión sanguínea.
· Reduce enfermidades cardiovasculares.
· Reforza lazos grupais.
· Mellora a capacidade cognitiva.
· Serve de apoio á mellora da creatividade.
· Facilita a resolución de problemas. Mellora a psicomotricidade.
Os cabalos desde a súa sensibilidade e presenza incondicional acompáñannos sen xuízo. Fan de espello, captando os nosos sentimentos e reaccionan en relación a iso, polo que supoñen de gran axuda para entrar en contacto co noso interior.
O desenvolvemento persoal consiste en coñecer as nosas cualidades e formas de actuar, conectando coas emocións e deixándoas fluír.
Vivenciar este tipo de experiencia cos cabalos dános a posibilidade de comprender mellor o noso funcionamento sobre como nos comportamos e comunicamos. Este autocoñecemento emerxe dentro dun clima de confianza e seguridade, explorando e compartindo as sensacións que xorden durante a sesión.
A sesión desenvólvese de forma individual ou en grupo, os exercicios realízanse maioritariamente pé a terra. Trátase de observar o desenvolvemento da proposta a realizar xunto co animal, sen cabida a xuízos ou críticas para ver como reaccionamos diante de determinadas situacións. A persoa facilitadora supón un apoio para contactar coas emocións que xorden e para que cada cal perciba o paralelismo entre a experiencia vivida e as situacións da súa vida.
A posta en contacto coas nosas emocións, recoñecéndoas para poder xestionalas, axúdanos a alcanzar a confianza e autoestima necesaria para ser conscientes dos nosos recursos e limitacións para afrontar as decisións e situacións da vida diaria.