“...por iso creo que hoxe en día as mulleres non podemos parir soas, necesitamos apoio, porque é un evento moi grande, e tomar a decisión de ter un parto natural require que non esteas soa, non abonda con ter unha matrona para acompañarte, realmente necesitas toda unha comunidade de persoas que recoñezan que o que estás a facer non só é o correcto, senón o mellor para ti e para o teu bebé... e nós imos acompañarte. Sexa a túa panadeira, a túa veciña, a túa nai... sexa xente que non ofenda a capacidade das mulleres de crer que aínda somos capaces de parir...”
En Eomaia, traballamos co fin de ofrecer espazos de atención integral as familias e a todas as persoas interesadas no crecemento e desenvolvemento persoal. As nosas actividades principais son:
-
- Acompañamento ao embarazo, ao parto e postparto.
-
- Atención de doulas.
-
- Masaxe infantil.
-
- Ioga en Familia.
-
- Arteterapia.
-
- Cursos e obradoiros de crecemento persoal.
Se queres facer unha consulta, por favor contacta connosco.
