Diversidade Mental (Di.Me.)

entidade autoxestionada como camiño para reivindicar a nosa voz e os nosos dereitos como colectivo, formada por persoas con experiencia en trastornos mentais. Nace da necesidade de construír espazos integrados por persoas máis ou menos psiquiatrizadas, abríndonos á participación doutras que estean dispostas a asumir un diálogo horizontal, honesto e sincero.

O noso obxectivo global é sumar e colaborar na construción dunha sociedade na que a diversidade mental sexa concibida como un aspecto máis da nosa identidade, enriquecedora e non desdeñable. Por iso cremos que a expresión das nosas dificultades é unha ferramenta básica que non está sendo escoitada desde o sistema de saúde actual, para o que consideramos fundamental o apoio mutuo. Entendemos que somente o devandito cambio de mentalidade pode axudar a superar o medo e rexeitamento aínda presente na sociedade. Da mesma forma, entendemos que compartir as nosas experiencias ofrece esperanzas e axuda á recuperación das persoas que agora mesmo están atravesando un episodio complicado.

PARA QUÉ

  • Colaborar na construción dunha sociedade na que a diversidade mental sexa concibida como un aspecto máis da nosa identidade para superar prexuízos que provoquen sufrimento e perda de dereitos fundamentais.
  • Atopar outras solucións para apoiar ás persoas mergulladas en circunstancias de sufrimento pola perda dos dereitos ou a dignidade por mor das súas condicións de diagnóstico mental.
  • Promover a realización de grupos de axuda mutua en saúde mental.
  • Ofrecer respaldo mutuo.
  • Chegar ás persoas que se atopen en situación de desamparo, maltrato ou marxinación por causa de dano e malestar na saúde mental.
  • Promover e fortalecer o voluntariado entre as persoas con Diversidade Mental.
  • Validar a axuda que fornecen as persoas con experiencia en episodios de dano na saúde mental como unha vía de comprensión cara outras que pasan por semellantes circunstancias.
  • Realizar cursos de formación e empoderamento para as persoas con Diversidade Mental, familiares e calquera outro colectivo que estea interesado.
  • Ofrecer esperanza e axuda na recuperación ás persoas que agora mesmo están a atravesar un período complicado.
  • Acompañar e coidar das persoas que precisen axuda, por atoparse en risco de sufrir dano, en períodos de crise, internamento ou final de tempadas de internamento.
  • Fornecer espazos para o encontro, intercambio e colaboración das persoas involucradas nos programas.
  • Promover a realización de actividades culturais, artísticas e expresivas como canle de mellora e cohesión.
  • Favorecer a elaboración de propostas multi e interdisciplinares que non desatendan a voz narrativa das persoas que viven situacións de sufrimento psíquico.

CÓMO

  • Formación
  • Cursos para ás persoas voluntarias comprometidas com o proxecto.
  • Creación de grupos de debate, autocoñecemento e axuda mutua
  • Organizaremos periodicamente grupos de debate e apoio mutuo para compartir as experiencias e acadar apoio doutras persoas con procesos similares. Reunións no local da Fundación Eomaia en Ponteareas.
  • Conferencias, mesas redondas, encontros e congresos
  • Asistencia a eventos que se realicen na comunidade autónoma de Galicia e fóra da comunidade que teñan como común denominador a atención e mellora da situación das persoas que sofren por dano e perda temporal de saúde mental.
  • Puntos permanentes de información
  • Punto de información para todas aquelas persoas que mostren interese no programa de voluntariado para o acompañamento na diversidade mental.
  • Servizo de atención ao público no local da fundación Eomaia situado na Praza Maior 45 de Ponteareas, no que se pode recibir a información da actividade que desenvolvemos e os servizos de voluntariado que prestamos.
  • A persoa interesada en recibir información ou asesoramento sobre calquera dos temas que trata a fundación neste programa, deberá solicitar cita previa para que poda ser atendida pola persoa máis indicada.
  • Edición de folletos informativos
  • Prestación de servizos asistenciais de acompañamento a persoas que sofren ou sufriron por perda de saúde mental
  • O acompañamento realizarase en:
    • Casas, hospitais e na realización de actividades no marco dos espazos da fundación Eomaia.
    • De xeito presencial, no lugar onde se atope a persoa interesada, se se atopa coa imposibilidade de desprazarse.
    • En casos de internamento ou noutras circunstancias, podemos acordar unha cita para ter un encontro.
    • Poden darse casos nos que prime a urxencia, polo que, unha vez que a persoa ou representante ou algunha achegada daquela, se poña en contacto con nós, acudiremos ao lugar no prazo máis breve posible.
    • A través de atención telefónica. No teléfono 658799470
    • Atención por correo electrónico, que será atendido por Galiza Quinteiro Rendo.

Se queres facer unha consulta, por favor contacta connosco.