Os nosos proxectos

Na Fundación Eomaia Traballamos polos dereitos humanos fomentando os valores humanos.

“…por iso creo que hoxe en día as mulleres non podemos parir soas, necesitamos apoio, porque é un evento moi grande, e tomar a decisión de ter un parto natural require que non esteas soa, non abonda con ter unha matrona para acompañarte, realmente necesitas toda unha comunidade de persoas que recoñezan que o que estás a facer non só é o correcto, senón o mellor para ti e para o teu bebé… e nós imos acompañarte. No embarazo, parto, crianza, etc.

Como parte deste proxecto celebramos o Congreso Parto de min

Programa planeado para acompañar un debate sobre a morte que pretende axudar ás persoas e aos profesionais que as asisten e conseguir un bo final de vida, tendo en conta os nosos propios valores.
Tamén liberar este silencio que xera tanta confusión e sufrimento para quen a vive e quen a acompaña e promover a reflexión sobre a morte como unha ferramenta que nos sirva a todas as persoas, tanto aquelas que se atopan preto dela por idade ou enfermidade, como para as que a acompañamos.