“Roteiro de plantas silvestres con Patri Puga”

Temos novidades entorno o roteiro!!!!!!, ampliouse o horario e o prezo será voluntario!!!!
tendo en conta a situación especial que estamos a transitar e a necesidade de que este tipo de coñecemento se espalle,, propoñemos aportación responsable , onde cada persoa pon o prezo en función das súas posibilidades, valorando o traballo do monitor que guia o roteiro que se dedica profesionalmente a isto,ademais coa a vosa aportación estades tamén colaborando no mantenemento e cuidado da finca e as eguas que alí conviven.

O obxectivo deste roteiro é poñer en valor as plantas silvestres que nos rodean, aprendendo a identificalas e a usalas, tanto para comer como para facer cosméticos ou menciñas, dándolle especial importancia á recolleita respectuosa. As plantas que pisamos posúen infinidade de cualidades que descoñecemos. Vin pisar plantas unha vez tras outra que as miñas alumnas tratan como tesouros e rinse de como as pisaban antes. Por iso, ao rematar este roteiro, veredes o verde doutro xeito, veredes plantas con nomes e apelidos e coas súas diversas propiedades, e comezaredes a pisalas doutra maneira e, como non, respectando moito máis o que pisades.

Patri Puga, nacín en Vigo, urbanista total, pero a paixón pola natureza atraime tanto que vou fuxindo ata lograr vivir de cheo no rural. Arestora, mesturo unha vida sinxela de autosuficiencia no campo cos cursos e obradoiros que imparto en distintos lugares e con persoas de moi diferentes idades. Cursos de plantas silvestres comestibles e medicinais, de cosmética natural, xogo libre na natureza, charlas, roteiros… É tamén coordino a horta silvestre ecolóxica nun colexio de Nigrán dende hai nove anos. Traballei en asociacións, colexios, universidades, campamentos, granxas… Para calquera consulta, podedes contactarme no Facebook de Puga Bosque ou a través do mail pugapatri@gmail.com.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Share This