Sobre Eomaia

Acerca de la fundación Eomaia

A través de la Fundación Eomaia, se establecen distintos focos de trabajo en relación al crecimiento personal y la mejora de nuestras condiciones de vida.

Eomaia se constituye como fundación en respuesta a unas necesidades y demandas sociales, con la finalidad de desarrollar una actividad humana y cercana a través de la creación de redes de colaboración y espacios de comunicación entre personas.

La Fundación Eomaia es una Entidad Prestadora de Servizos Sociales inscrita por la Xunta de Galicia en la consellería de política socia.
La Fundación Eomaia se mantiene gracias al trabajo y la entrega de todos los profesionales implicados en los proyectos presentados, así como de los socios y donaciones que recibe. ¡Gracias!

Fundacion Eomaia

Así nacemos

Eomaia constitúese como fundación en novembro do 2009 en resposta a unhas necesidades e demandas sociais, coa finalidade de desenvolver unha actividade humana e próxima, a través da creación de redes de colaboración e espazos de comunicación entre persoas.

A través da Fundación Eomaia, establécense distintos focos de traballo relacionados coa atención persoal, o acompañamento e a mellora das nosas condicións de vida.

O noso nome, Eomaia, vén dun dos primeiros mamíferos placentarios que representan o tránsito entre a vida dos anfibios e a dos futuros mamíferos. Viviu hai 125 millóns de anos e o nome que lle deu o seu descubridor significa nai do amencer.

Camiñar nesa vía entre a capacidade de nadar mergullados baixo a auga das cidades e a necesidade de chegar a un lugar sensible, ao aire libre, onde podamos expresar as nosas emocións. Actuar como a placenta que media entre a mamá e o bebé e fai posible que dúas naturezas diferentes convivan, sumando a favor do crecemento e a saúde. E chegando ao entendemento mutuo.

OBXETIVOS:

  • Favorecer os tránsitos da chegada e a despedida da vida.
  • Crear espazos para o coidado das familias.
  • Formación de persoas libres e coidadosas consigo mesmas e a súa contorna.
  • Acompañar no respecto as decisións vitais.
Fundacion Eomaia

A quien nos dirigimos

Dirixímonos a toda a familia, a familia entendida en toda a súa plenitude. A familia á que pertencemos todas/os, a familia coa que convivimos día a día na casa, no traballo, a rúa…

As actividades, obradoiros e consultas que ofrecemos están dirixidas á saúde e o benestar integral das persoas e do conxunto da sociedade, sumando, na medida das nosas forzas, a aquilo no que cremos: a capacidade de cada persoa para mellorar na vida, na morte, e en todas as súas manifestacións.

O noso ámbito de actuación abrangue a comunidade de Galicia.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies